Comeza esta fin de semana un novo programa en radiONeria... "Aurora dos camiños", un programa fundamentalmente de entrevistas, e música... Tralo micro estará Marta Rey, que chega directamente da Rectoral de San Martiño de Ozón que vén de recuperar a Cooperativa Albergue Auroras del Camino.
17 outubro 2012
Aurora dos Camiños, o novo programa de entrevistas en radiONeria
Publicado por
radiOneria
16 outubro 2012
Volve Radio Roncudo
Boas novas para as emisoras de radio da Costa da Morte. Radio Roncudo despois de varios meses, volve emitir no 106.1 da FM. Sen dúbida unh gran nova para Corme e para toda a comarca de Bergantiños. E tamén para a comarca de Fisterra, pois a emisora libre comparte emisión coa radio municipal de Corcubión, a radiONeria.
Publicado por
radiOneria
13 setembro 2012
Fórmula Neria, 4ª tempada do programa das cancións dedicadas
Naceu en Xullo do 2008 como un programa musical dunha hora de duración no cal se poñían as cancións do estilo Pop máis actual xunto con algunha mención o pasado. Estivo durante un ano emitíndose as 4 da tarde do sábado.
Xa no 2009 pasa a emitirse unha hora máis tarde, dende as 17h. Iván Pereira iniciaba unha nova tempada cun cambio de formato, novos estilos musicais, seccións e entrevistas. Fórmula Neria convertíase no programa das cancións dedicadas.
Na actualidade, Fórmula Neria leva xa 4 tempadas en antena e cada vez son máis os ouvintes que se conectan cada tarde de sábado para escoitalo. Un espazo de radio no que o importante é a persoa que está o outro lado da radio ou da rede xa que ten a oportunidade de dedicar cancións e mandar saúdos a través do teléfono 981746701 e a través das redes sociais.
Redes Sociais:
En tuenti podes agregalo como Formula Neria Radio.
No Facebook Formula Neria ten creada unha páxina oficial no que cada semana se colgan os programas emitidos e novedades musicais.
Tamén está en Twitter, o podes atopar como @Formulaneria.
Horario:
Os Sábados de 16:00 a 19:00 horas (Directo)
Os Xoves de 21:00 a 24:00 horas (Repetición)
Presentado por:
Iván Pereira
Descarga o programa da pasada fin de semana:
Escoitar Formula Neria (22-06-2013).
Descarga anteriores:
Escoitar Formula Neria (22-06-2013).
Descarga anteriores:
- Escoitar Formula Neria (08-09-2012).
- Escoitar Formula Neria (15-09-2012).
- Escoitar Formula Neria (06-10-2012).
- Escoitar Formula Neria (13-10-2012).
- Escoitar Formula Neria (20-10-2012).
- Escoitar Formula Neria (27-10-2012).
- Escoitar Formula Neria (03-11-2012).
- Escoitar Formula Neria (10-11-2012).
- Escoitar Formula Neria (17-11-2012).
- Escoitar Formula Neria (24-11-2012).
- Escoitar Formula Neria (01-12-2012).
- Escoitar Formula Neria (05-01-2013).
- Escoitar Formula Neria (12-01-2013).
- Escoitar Formula Neria (19-01-2013).
- Escoitar Formula Neria (26-01-2013).
- Escoitar Formula Neria (08-06-2013).
- Escoitar Formula Neria (15-06-2013).
- Escoitar Formula Neria (22-06-2013).
Publicado por
radiOneria
11 xullo 2012
Unha viaxe emigrante en verso con Manolín
Emprendemos hoxe unha nova viaxe por un tema, que a pesar de ter tintes históricos, está de auténtica actualidade: a Emigración forzosa en Realidade e Soños. Hoxe, como cada mércores Manolín achegamos poesías dos poetas Manuel Curros Henriquez, Xoán Xose Fernández Abella, Pablo García Casado, Antonio Gamoneda, Mario Benedetti, Angela Ballvey e Ricardo Molina, acompañadas da música do arxentino Facundo Cabral.
Xa poden descargar o seu programa:
Realidade e Soños
Os mércores, ás 23:00h da noite, e os venres ás 14:30h, as ondas da radiONeria e Radio Roncudoinúndanse de poesía. Aí está Manolín coa súa Realidade e Soños, un programa cheo de pasíón, cheo de emoción, cheo de tenrura.
Publicado por
radiOneria
21 xuño 2012
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)


