03 abril 2019
Radio Roncudo e radiONeria levan as ondas ao CEIP Mar de Fóra
Semanas de radio escolar. A pasada semana as radios irmandadas da Costa da Morte trasladábanse ao CEIP Mar de Fóra. Ubaldo Cerqueiro, colaborador da radiONeria e Radio Roncudo levaba a emisora ao centro fisterrán para facer un taller co alumnado de 3º e 4º de Primaria.
Publicado por
radiOneria
14 maio 2018
Radio Roncudo e radiONeria recuperan o Boletín de Novas
Fran Lago recupera o Boletín de Novas que xa estivo en antena varios anos. O famoso locutor costeiro volve á radio informativa colaborando con este espazo diario que traerá a máis rabiosa actualidade coa colaboración do diario Quepasanacosta.gal.
Emitirase ás 8:00, 9:00h, 15:00h e 19:00h.
Publicado por
radiOneria
01 novembro 2017
Comeza a nova tempada 2017/2018
Con moita ilusión comezamos unha nova tempada de radio.
Os programas de sempre e a música que máis che gusta os atopas cada día en Radio Neria.
Podes seguirnos no 107.8 Fm nos concellos de Corcubión, Cee e Carnota ou pola rede en www.radioneria.blogspot.com
Publicado por
radiOneria
18 outubro 2016
17 outubro 2016
Nova Tempada 2016 - 2017
Comezamos nova tempada na Radio Roncudo e Radio Neria.
Xunto coa clásica programación, chegan novos programas ás radios comunitarias da Costa.
Estate atento a nosa grella!
Publicado por
radiOneria
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




