13 setembro 2012

Fórmula Neria, 4ª tempada do programa das cancións dedicadas



Naceu en Xullo do 2008 como un programa musical dunha hora de duración no cal se poñían as cancións do estilo Pop máis actual xunto con algunha mención o pasado. Estivo durante un ano emitíndose as 4 da tarde do sábado.

Xa no 2009 pasa a emitirse unha hora máis tarde, dende as 17h. Iván Pereira iniciaba unha nova tempada cun cambio de formato, novos estilos musicais, seccións e entrevistas. Fórmula Neria convertíase no programa das cancións dedicadas.

Na actualidade, Fórmula Neria leva xa 4 tempadas en antena e cada vez son máis os ouvintes que se conectan cada tarde de sábado para escoitalo. Un espazo de radio no que o importante é a persoa que está o outro lado da radio ou da rede xa que ten a oportunidade de dedicar cancións e mandar saúdos a través do teléfono 981746701 e a través das redes sociais.

Redes Sociais:

En tuenti podes agregalo como Formula Neria Radio.

No Facebook Formula Neria ten creada unha páxina oficial no que cada semana se colgan os programas emitidos e novedades musicais.

Tamén está en Twitter, o podes atopar como @Formulaneria.

Horario:

Os Sábados de 16:00 a 19:00 horas (Directo)

Os Xoves de 21:00 a 24:00 horas (Repetición)

Presentado por:

Iván Pereira

Descarga o programa da pasada fin de semana:

Escoitar Formula Neria (22-06-2013).

Descarga anteriores:
    ! RadiONeria 107.8 Fm e Radio Roncudo 106.1 Fm !

    11 xullo 2012

    Unha viaxe emigrante en verso con Manolín



    Emprendemos hoxe unha nova viaxe por un tema, que a pesar de ter tintes históricos, está de auténtica actualidade: a Emigración forzosa en Realidade e Soños. Hoxe, como cada mércores Manolín achegamos poesías dos poetas Manuel Curros Henriquez, Xoán Xose Fernández Abella, Pablo García Casado, Antonio Gamoneda, Mario Benedetti, Angela Ballvey e Ricardo Molina, acompañadas da música do arxentino Facundo Cabral. 


    Xa poden descargar o seu programa:

    Realidade e Soños


    Os mércores, ás 23:00h da noite, e os venres ás 14:30h, as ondas da radiONeria e Radio Roncudoinúndanse de poesía. Aí está Manolín coa súa Realidade e Soños, un programa cheo de pasíón, cheo de emoción, cheo de tenrura.

    21 xuño 2012

    Programación en Directo

    Enlace 1:
    Enlace 2:

    14 xuño 2012

    Avoa, como nos metemos nunha radio por dentro?

    Esa foi a pregunta que o pequeno Diego lle fixo á súa avoa, Isabel Tomé, cando esta lle contaba que ían "visitar a radio por dentro". Claro, o pequeno, de apenas 3 aniños, non entendía o proceso...
    Pero acabou entendéndoo, tras visitar, cun grupo de alumnos dos CEIP dos Muíños as instalacións da radiONeira, a radio municipal de Corcubión. Emisora na que ademais, a propia Isabel participaba activamente como a brava Maruxiña dos Queixos (canto a botamos de menos...).

    Aló chegaron, despois de pasar por un farmacia en Dumbría, para saber que se coce nunha radio. Entraron sen escachar nada, e o primeiro que fixeron foi regalarnos unha serie de debuxos que eles mesmos fixeron e que xa serven para decorar a emisora por dentro, e para ilustrar a redacción e a portada do noso Facebook. Que alegría ver aos locutores da radiONeria debuxados por estes artistas!!

    Así, e da man dos colaboradores da emisora Saulo Pose e Ubaldo Cerqueiro, descubriron a redacción, a sala de control, e a "peixera", e de como é posible que poidamos escoitar o que chega ata as nosas casas a través do pequeno aparello.

    Aló se meteron, a tocar todos os botóns, a berrar polos micros... pero tamén nos deixaron outra sopresa: gravaron o conto da Ratiña presumida coa axuda da mestra Cristina!!! Vaia marabilla!!

    Así que descubriron como se pode entrar dentro dunha radio sen necesidade de escachar nada!
    Ata a vindeira visita!

    Pero antes de marchar, aquí vos deixamos cun detalle sonoro da visita, do conto da Ratiña e de como entonan o lema da emisora: radiONeria, é un falar!!!

    Ir a descargar

    11 xuño 2012

    I Festival radiONeria: Unindo Corcubión

    De éxito total podemos catalogar o I Festival radiONeria. Máis de 250 persoas case que ateigaron a Casa da Cultura de Corcubión para disfrutar cas actuacións de todos os grupos representativos da vila de San Marcos.

    Maxistramente organizada e dirixida por Saulo, Sarah e Joanna, presentadores do programa Un máis un, a Gala durou dúas horas sen cansar, pasando do baile, á coral, pasando polas pandeiretas ou a poesía, con tempo, e todo, para os sorteos.
    Moitos terían que aprender desta activa mocidade nas galas máis importantes do país, e como fiaron actuación e actuación coa voz en off de históricos como Marco Antonio Sande dan conta de que a canteira está asegurada.

    Abriron os máis pequenos do Grupo de Baile Nerio, arrincando aplausos e risas das butacas. E dos máis novos, aos maiores, pois foron os membros da Coral Airiños de Quenxe os que tomaron o relevo e alzaron a voz.

    Como dicimos, houbo tempo para os sorteos e se regalaron varios libros da Librería Ler, que por certo as súas representantes fixeron unha fermosa lectura de textos de Eduardo Galeano, Carnicería Antelo, a EMPRECOR e mais o Hotel El Hórreo.

    Saltaron ao escenario os medianos do Baile Nerio e de seguido Manolín trouxo un par de poesías da súa autoría ademais dunha lembranza a Gonzalo López Abente.

    Fixeron resoar as pandeiretas en todo Corcubión as bravas de Millo Verde, xa toda unha referencia non só na vila, se non en toda a comarca. Para dar paso aos maiores do Baile Nerio.

    Foi Dolores Oliveira, unha das máis queridas na vila, a que puxo a última nota coa súa excepcional voz (25 anos gañándose a vida en misas e bodas do país o refrendan) para pechar por todo o alto este I Festival radiONeria.
    Foto de familia e xa pensando no ano que vén.