Esa foi a pregunta que o pequeno Diego lle fixo á súa avoa, Isabel Tomé, cando esta lle contaba que ían "visitar a radio por dentro". Claro, o pequeno, de apenas 3 aniños, non entendía o proceso...
Pero acabou entendéndoo, tras visitar, cun grupo de alumnos dos CEIP dos Muíños as instalacións da radiONeira, a radio municipal de Corcubión. Emisora na que ademais, a propia Isabel participaba activamente como a brava Maruxiña dos Queixos (canto a botamos de menos...).
Aló chegaron, despois de pasar por un farmacia en Dumbría, para saber que se coce nunha radio. Entraron sen escachar nada, e o primeiro que fixeron foi regalarnos unha serie de debuxos que eles mesmos fixeron e que xa serven para decorar a emisora por dentro, e para ilustrar a redacción e a portada do noso Facebook. Que alegría ver aos locutores da radiONeria debuxados por estes artistas!!
Así, e da man dos colaboradores da emisora Saulo Pose e Ubaldo Cerqueiro, descubriron a redacción, a sala de control, e a "peixera", e de como é posible que poidamos escoitar o que chega ata as nosas casas a través do pequeno aparello.
Aló se meteron, a tocar todos os botóns, a berrar polos micros... pero tamén nos deixaron outra sopresa: gravaron o conto da Ratiña presumida coa axuda da mestra Cristina!!! Vaia marabilla!!
Así que descubriron como se pode entrar dentro dunha radio sen necesidade de escachar nada!
Ata a vindeira visita!
Pero antes de marchar, aquí vos deixamos cun detalle sonoro da visita, do conto da Ratiña e de como entonan o lema da emisora: radiONeria, é un falar!!!
Ir a descargar
No hay comentarios:
Publicar un comentario