Corcubión é "territorio podcast" segundo se puxo de manifesto na
presentación da guía "Comunicándonos", impulsada polas Emisoras
Municipais Galegas, dentro do proxecto Onda ODS. Máis de vinte entidades
participaron no acto e interviron nun animado coloquio arredor da necesidade de
comunicar máis e mellor coa sociedade. A igualdade de xénero, unha educación de
calidade, o viño, a agricultura ecolóxica e a alerta pola expansión sen
planificación dos muíños eólicos foron algunhas das preocupacións expostas que
se poderán traducir en diferentes pódcast e campañas de sensibilización na
segunda metade deste ano.
Nun prazo de quince días haberá unha nova reunión na que se concretarán as
iniciativas a levar a diante. Tanto Toño Casais (Radio Neria) como Henrique
Sanfiz (Radiofusión) expuxeron a intención de transformar a radio local nun
centro de produción de audio e nun punto dinamizador da comunicación na
comarca. Ao remate do evento repartíronse exemplares de "Comunicándonos.
Guía práctica para a elaboración de contidos audiovisuais e pódcast relacionados
cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel". "Onda Ods Empeza por
ti" é unha iniciativa das Emisoras Municipais de Andalucía en colaboración
coas Emisoras Municipais Galegas, a Xarxa de Catalunya e a Rede de Medios
Comunitarios. Conta coa axuda do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.
Na xuntanza, celebrada no Clube Marítimo Carrumeiro na tarde do pasado venres
tamén se falou do exitoso pódcast "Lo que tu digas" impulsado polo
mozo natural de Corcubión Alex Fidalgo que xa supera os 10.000.000 de descargas
e que conta con 280.000 seguidores en YouTube, 190.000 en Instagram e 10.000 en
Twitter.
18 xuño 2023
30 maio 2023
O BNG gaña as eleccións en Corcubión
A formación nacionalista, liderada por Xabier Domínguez, consegue catro concelleiros nunhas eleccións municipais marcadas pola derrota do Partido Socialista e a posible desaparición do pleno municipal de PACOR, a formación liderada por Ramón Rojo. Estes foron os resultados:
BNG- 4 Concelleiros
PSOE- 2 Concelleiros
PP- 2 Concelleiros
SC- 1 Concelleiro
Falta confirmar o resultado pola Xunta Electoral xa que foi impugnado polo candidato do PACOR ó considerar que un dos votos obtidos polo PP estaban supostamente alterado e debía ser anulado. De producirse este cambio, podería chegar a darse a circunstancia de que un dos edís obtidos polo PP pasase a mans do PACOR.
Agora toca o tempo de negociacións e achegamentos a posibles pactos de goberno ou investidura.
21 maio 2023
Este luns 22 de maio, ás 20:00, celebraremos o debate electoral entre tódolos candidatos á alcaldía de Corcubión. O debate levarase a cabo na Casa da Cultura de Corcubión e está aberto a todo o público que queira asistir. Tamén será retransmitido polo 107.8 da FM, pola nosa web www.radioneria.blogspot.com e pola nosa canle de youtube.
18 maio 2023
Arrincou a nova temporada de radiONeria
Este pasado 17 de maio, inmellorable data para presentar a nova programación da radiONeria. Da man de Toño Casais, canteira da emisora dende os 14 anos, a emisora volve estar activa, como se demostrou na presentación celebrada na Capela do Pilar.
Xentes de Boca de Sapo, da Biblioteca, estudantes, colaboradores anónimos, ex membros da casa, xentes do mar… acodiron para ver esta nova singradura da emisora da vila de San Marcos.
Durante o acto, lembráronse de Iván Pereira e Óscar Rey Calo, voluntarios que levan mantendo viva a emisora durante a última década.
Debate electoral
Este luns 22 de maio, ás 20:00h, a Casa da Cultura de Corcubión acollerá un debate electoral con todos os candidatos. Un evento aberto ao público.
Programación
A programación de Radio Neria vai ser de Luns a Venres, de 11:00 a 12:00 e repetirase esa programación de 21:00 a 22:00
LUNS:
- 11:00 Coidando a Saúde
- 11:30 Que les, Corcubión?
MARTES:
-11:00 Disque
-11:30 O Recuncho do Estudante.
MÉRCORES
-11:00 Cerna
-11:30 Faros.
XOVES
-11:00 Chegar a bo porto
-11:30 Realidade e Soños.
VENRES
-11:00 Axenda deportiva
-11:30 O moucho e os mitos.
SÁBADO
-11:00 Falar sen cancelas.
Tendes toda a info e podedes escoitar a radio en directo en radioneria.blogspot.com e tamén os teredes en ivoox.
31 agosto 2022
Nova tempada 2022-2023

Ardentía, A Rumboia, Ecoloxía con Radio Cerna, Ciberclick, Chill Pop, La Hora del Comején, Realidade e Soños, Escrita, Democracy Now, Ciencia es, Sempre en Galicia, O Moucho voa, Neria Semanal, Fórmula 11, Aires Celtas, Ábrete de orellas, Que suenen las bandas e Palco de Estrelas.
Como novidade, a partires do 19 de setembro teremos un programa adicado á loita contra o cambio climático.
O proxecto ONDA ODS arrancará en Galicia cun programa de radio en directo realizado por Radiofusión dende o CEIDA, o centro de educación ambiental referencia na nosa comunidade situado no Castelo de Santa Cruz en Oleiros. O vindeiro xoves 15 de setembro, Pablo García (Radio Estrada) e Susana Falcón (Radiofusión) conducirán a presentación dun espazo radiofónico entre as nove e as once da mañá. Os obxetivos de desenvolvemento sostible e as iniciativas que traballan dende Galicia a prol da Axenda 2030 protagonizarán ese tempo de radio. Programa de entrevistas sobre medio ambiente, cambio climático, reportaxes e música en directo. Este proxecto mediático e audiovisual pretende levar a cabo dende o local unha estratexia de comunicación que sensibilice á cidadanía e fomente a reflexión e o debate ao redor de retos fundamentais para calquera cidadán.
Coa emisión deste programa en directo de dúas horas de duración poñeremos a primeira pedra para dar voz a todas aquelas persoas que están a traballar estes valores dende os diferentes municipios galegos, a través 30 programas informativos de dez minutos e 30 podcast en formatos de cápsulas de dous minutos.
Acabar coa pobreza, facer fronte á emerxencia climática e ambiental, pechar a brecha de xénero e poñer fin a discriminación, superar as ineficiencias dun sistema económico excesivamente concentrado, poñer fin á precariedade laboral, reverter a crise dos servizos públicos, acabar coa inxustiza global, revitalizar o noso medio rural e afrontar o reto demográfico serán as cuestións abordadas neste proxecto no que queremos que tódalas emisoras municipais galegas teñan cabida coas iniciativas dos seus concellos e a súas áreas de influencia.
Desexamos dar voz aos vosos proxectos e invitamos á audiencia a escoitar este programa que será o punto de partida dun proxecto de unión e colaboración entre as Emisoras Municipais Galegas (EMUGA-RADIOFUSIÓN), as Emisoras Municipales de Andalucía (EMA), La Xarxa – Radio Televisión Cardedeu (Cataluña) e a Rede Estatal de Medios Comunitarios.
Se queredes coñecer máis cousas sobre as características desde proxecto podedes visitar a web https://ondaods.org/ e tamén seguir os perfiles de ONDA ODS nas distintas redes sociais (Twitter, Facebook e Instagram)
ONDA ODS emitiráse todos os dias ás nove da mañá e ás nove da noite de luns a venres dende o 19 de setembro.




