27 setembro 2021
"Os incurábeis" chega a Radio Neria
16 setembro 2021
Este luns comeza a retransmisión do Crime da Orca Vella, da Escola de Teatro de Fisterra

Marta Lado
Este luns 20 de setembro, ás 21:00h, poderedes escoitar o primeiro capítulo de "O Crime da Orca Vella" nas ondas da radiONeria e Radio Roncudo. Tras varios meses de gravacións, a Escola de Teatro de Fisterra pode por fin presentar o seu traballo, que por mor da pandemia cambia o escenario polas ondas radiofónicas e de internet.
A obra está escrita e dirixida por Marta, o técnico de son é Óscar Rodríguez e a montaxe crreará a cargo de Diana R. Ramos.
Esperamos pois escoitar en breve ás Puri Insua, Ana Lourido, Sara Suárez, Lola Insua, Rosalía Mouzo, “A Chata” Castreje, Gema Insua, Amable Fernández, Modesta Insua e Fina Traba.
01 xullo 2021
Radio Neria estará presente no Festival Artenauta da man de Miguel Vázquez Freire
Pintura e serigrafía ao vivo, obradoiros, documentais, danza, música, escultura ao aire libre, pintura, fotografía, teatro, poesía e outras actividades daranse cita na segunda edición do Festival Artenauta. E tamén radio! O Festival das Artes da Costa da Morte inclúe no seu programa un Espazo Sonoro da man de Miguel Vázquez Freire, creador do programa O Moucho Voa.
A cita, organizada por artistas e produtores culturais vencellados á vila de Corcubión, a través da Asociación Cultural Universidade Cromática das Virtudes, desenvolverase na vila de San Marcos esta fin de semana de 2, 3 4 de xullo, aínda que pode dicirse que comezou xa hai unhas semanas cunha serie de accións previas.
Así, o venres, sábado e domingo entre as 18:00h e as 19:00 poderedes escoitar nas ondas do 107.8 da FM, e en Radio Roncudo, así como na rede, "Os sons de ninguén".
27 maio 2021
“O moucho voa” volve as ondas como Consultorio Filosófico
Nivelazo o que traen Miguel Vázquez Freire e compañía de novo as ondas das radios irmandadas da Costa da Morte. O programa sobre filosofía “O moucho voa” volve despois de varios meses de conversas comprometidas e profundas (tendes ata 28 programas feitos durante 2020) e faino con formato de Consultorio Filosófico.
Podedes enviar as vosas preguntas a radioneria@gmail.com ou comentando aquí mesmo ou na páxina de Facebook da radiONeria.
Este mércores arrincaba coa primeira emisión, e volverá cada mércores ás 20:30h. Aquí tendes a primeira entrega deste consultorio:
13 maio 2021
A Escola de Teatro de Fisterra grava “O crime da Orca Vella” na radiONeria
Como nos gusta ver a radio en acción. Por iso, ao grupo de colaboradores da emisora municipal de Corcubión nos encanta ver como a Escola de Teatro de Fisterra está a utilizar a emisora para preparar a súa nova obra. Dirixidas pola premiada actriz Marta Lado o elenco de actores fisterráns preparan unha obra moi especial.
As circustancias da pandemia obrigan ao grupo a convertir “O crime da Orca Vella” nunha obra de teatro lido. E aí están aproveitando as instalacións municipais do seu veciño concello, e a colaboración intestimable dos colaboradores que manteñen viva a emisora, para disfrutar desta singular experiencia radiofónica.
A obra está escrita e dirixida por Marta, o técnico de son é Óscar Rodríguez e a montaxe crreará a cargo de Diana R. Ramos.
Esperamos pois escoitar en breve ás Puri Insua, Ana Lourido, Sara Suárez, Lola Insua, Rosalía Mouzo, “A Chata” Castreje, Gema Insua, Amable Fernández, Modesta Insua e Fina Traba.








