27 novembro 2019
O Cole de Dumbría disfrutou dun completo Taller na radiONeria
O alumnado do CEIP Santa Eulalia de Dumbría disfrutou dun completo Taller de Radio que artellou o coordinador do centro Luís Dopico e os colaboradores da emisora, coa colaboración do Centro de Formación e Recursos da Coruña.
Publicado por
radiOneria
23 novembro 2019
radiONeria e QPC unen á 4 asociacións feministas co gallo do 25N
Co 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o equipo de QPC e da Radio Neria, artellamos a nosa Tertulia Violeta na que participaron representantes das catro asociacións feministas da Costa da Morte.
A Terturlia Violeta sairá tamén nas radios irmandadas da Costa da Morte (radiONeria e Radio Roncudo o sábado ás 11.00h. o domingo ás 12.00h e o propio luns 25 de novembro ás 10.00.
A Terturlia Violeta sairá tamén nas radios irmandadas da Costa da Morte (radiONeria e Radio Roncudo o sábado ás 11.00h. o domingo ás 12.00h e o propio luns 25 de novembro ás 10.00.
Publicado por
radiOneria
03 abril 2019
Radio Roncudo e radiONeria levan as ondas ao CEIP Mar de Fóra
Semanas de radio escolar. A pasada semana as radios irmandadas da Costa da Morte trasladábanse ao CEIP Mar de Fóra. Ubaldo Cerqueiro, colaborador da radiONeria e Radio Roncudo levaba a emisora ao centro fisterrán para facer un taller co alumnado de 3º e 4º de Primaria.
Publicado por
radiOneria
14 maio 2018
Radio Roncudo e radiONeria recuperan o Boletín de Novas
Fran Lago recupera o Boletín de Novas que xa estivo en antena varios anos. O famoso locutor costeiro volve á radio informativa colaborando con este espazo diario que traerá a máis rabiosa actualidade coa colaboración do diario Quepasanacosta.gal.
Emitirase ás 8:00, 9:00h, 15:00h e 19:00h.
Publicado por
radiOneria
01 novembro 2017
Comeza a nova tempada 2017/2018
Con moita ilusión comezamos unha nova tempada de radio.
Os programas de sempre e a música que máis che gusta os atopas cada día en Radio Neria.
Podes seguirnos no 107.8 Fm nos concellos de Corcubión, Cee e Carnota ou pola rede en www.radioneria.blogspot.com
Publicado por
radiOneria
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



