Naceu en Xullo do 2008 como un programa musical dunha hora de duración no cal se poñían as cancións do estilo Pop máis actual xunto con algunha mención o pasado. Estivo durante un ano emitíndose as 4 da tarde do sábado.
Xa no 2009 pasa a emitirse unha hora máis tarde, dende as 17h. Iván Pereira iniciaba unha nova tempada cun cambio de formato, novos estilos musicais, seccións e entrevistas. Fórmula Neria convertíase no programa das cancións dedicadas.
Na actualidade, o programa emítese os Vernes de 21 a 22h.
Fórmula Neria leva xa 5 tempadas en antena e cada vez son máis os ouvintes que se conectan para escoitalo. Un espazo de radio no que o importante é a persoa que está o outro lado da radio ou da rede xa que ten a oportunidade de dedicar cancións e mandar saúdos a través do teléfono 981746701 e a través das redes sociais.
Redes Sociais:
En tuenti podes agregalo como Formula Neria Radio.
No Facebook Formula Neria ten creada unha páxina oficial no que cada semana se colgan os programas emitidos e novedades musicais.
Tamén está en Twitter, o podes atopar como @Formulaneria.
26 abril 2014
19 agosto 2013
A Radio Roncudo e radiONeria amplían programación co matinal de Radifusión
Continúan as radios irmandadas da Costa ampliando programación. E o fan desta volta ampliando a súa programación gracias á Radiofusión, Rede de Radios Municipais Galega. Así, desde hoxe, a radiONeria nas terras de Fisterra e Carnota, e a Radio Roncudo nas terras de Bergantiños, emiten o matinal "Arredor de nós".
Trátase dun programa matinal en galego (a Radiofusión forma parte da Asociación de Medios en Galego), que, durante 2 horas, nos contará o que pasa en Galicia e no mundo. De luns a vernes a partires das 9:00h da mañá no 107.8FM no sur da bisbarra e no 106.1FM en Bergantiños, e na rede dende radioneria.blogspot.com e en corme.net.
Publicado por
radiOneria
11 xuño 2013
Radio Neria de novo ON AIR!
Case 6 meses sen emisión pero a radiONeria nunca morre. Os voluntarios da emisora municipal de Corcubión volveron solventar os problemas técnicos que deixaron apagadas as ondas da 107.8FM durante todo este tempo para volver con máis forza que nunca.
Ademais, a emisora estreará novos equipos tras unha subveción solicitada polo Concello. E dende xa, podedes escoitar a radio dende o 107.8FM en Corcubión, Cee e Carnota, ademais de a través da rede no www.radioneria.blogspot.com.
Así, o pasado sábado volvían os programas co Fórmula Neria de Iván Pereira.
Antes, o xoves, dende a radio irmandada cormelá Radio Roncudo, xa volvían as conexións en directo co "Ronsel" de Óscar Rey Calo, que ás 16:00h fai un repaso á actualidade costeira.
Agora xa podedes disfrutar dos bloques musicais que máis vos gustan na comarca de Fisterra e Carnota. A partir das 10:00h, éxitos dos 60 e 70 en "Mañás de Guateque". A eso das 12:00h, o boletín informativo de ADEGA "Cerna Diario" e para dar comezo ao bloque de pachangueo "Sesión Vermú".
Polas tardes ofrecémosche música máis actual, pensada para todas as idades. Dende as 16h, volvemos os 80-90 cos "Jrandes Exitos". A partir das 18h, escoita a música máis actual en "Fórmula Pop". Xa para rematar a tarde e dende as 20h, chega "A Hora Indie".
Desfrútao a través do 107.8 da Fm na parte sur da Costa da Morte (Corcubión, Cee e Carnota), tamén en www.radioneria.blogspot.com ou na aplicación de móbil TuneIn, búscanos como Radio Neria.
Publicado por
radiOneria
02 abril 2013
I Gala de Premios radiONeria
A emisora municipal de Corcubión, prepara xa a I Gala de Premios da radiONeria, para o venres 5 de abril no Salón de Actos da Casa da Cultura de Corcubión.
Será un acto que aglutinará a todas as forzas vivas de Corcubión.
Ás 21h00 serán os nomeados quen pasen pola alfombra vermella e, uns intres máis tarde, daremos comezo á tan esperada Gala que ademais de premiar aos mellores de cada categoría, estará chea de sorpresas.
Ao finalizar o acto, os gañadores poderán posar no photocall co seus premios para fotografiar o momento.
O venres 5 de abril, non podes faltar á I GALA DE PREMIOS DA RADIO NERIA, na Casa da Cultura de Corcubión ás 21h00
Nomeados aos Premios da radiONeria POR CATEGORÍAS:
- Premio Infantil Radio Neria:
Escola de Vela Cataventos (Infantís)
Escola de Fútbol Base de Corcubión
Pequenos do Baile de Corcubión
- Premio Musical Radio Neria:
Héctor Lera e dous Calquera
Dolores Oliveira
Coral Airiños de Quenxe
- Premio Radio Neria á Solidariedade:
Aspadex
Apem
Cataventos Escola de Vela
- Premio Radio Neria á Mellor Asociación:
Asociación Mercado Medieval Costa da Morte
Asociación de Amigos do Porco Celta Costa da Morte
Asociación de Empresarios de Corcubión (EmpreCor)
- Premio Radio Neria á Mellor Interpretación:
"Terita"
"Maribé"
"Sagra"
- Premio Radio Neria ao Mellor Programa de Radio:
"A Xantar" de Sagra Canosa e Irma Rodríguez
"Realidade e Soños" de Manuel Oliveira, Manolín
"Fórmula Neria" de Iván Pereira
- PREMIO RADIO NERIA "MÁIS DE 20 ANOS PRETO DE TI":
TOÑO CASAIS
MARCO ANTONIO SANDE
FRAN HERMIDA
PEPE FORMOSO
Publicado por
radiOneria
23 decembro 2012
NADAL EN FAMILIA
VIVE O NADAL EN FAMILIA... NA RADIO NERIA
O martes de 19h00 a 22h00 non cambies de emisora e vive con nós o Nadal.
A radiOneria traeche este ano un especial cheo de sorpresas no que repasaremos algunhas dos mellores acontecementos do 2012.
Vive con nós o Nadal.
Publicado por
radiOneria
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


