03 xullo 2008

radiONeria NA FINAL DA COPA DA COSTA 2008


Aquí tedes ós colaboradores Ubaldo e Xavi (Neria Deportiva), acompañados de Nito (Adestrador do Pereiriña), na dereita da imaxe, tamen os acompañaba Calabanda (Adestrador do Nantón) retransmitindo unha das finais mais mediáticas da Copa da Costa de tódo-los tempos. Tan mediática foi que o árbitro sentiuse protagonista e acabou transformandose nó "Tom Cruise" de misión imposible e desfalcou a catro xogadores do Unión Clube Cee a golpe de tarxetas vermellas en menos de un minuto. Ó final gañou o Ponteceso, evidentemente. Ponteceso-2 Cee-1.

26 xuño 2008

OS RAPACES DÓ COLEXIO PRAIA DE QUENXE DE CORCUBION COÑECEN A EMISORA

Os rapaces do Colexio Praia de Quenxe visitaron radiONeria xunto cos seus mestres en varias tandas e interpretaron un conto viaxeiro no que participaron todos. Tamen colaboraron ca emisora na creacion de jingles e cuñas promocionais, ademais de demostrar a súa espontaneidade cando viron os micros do estudio.

I CONCURSO TEATRO LIDO radiONeria

Os rapaces do colexio de Os Muiños de Muxia interpretaron as suas obras nos estudios de radiONeria co gallo dó I Concurso de Teatro Lido. Acompañados de varias docentes, entre elas a nosa colaboradora Isabel Tomé (Maruxiña dos queixos), os rapaces desfrutaron mentres interpretaban os papeis da obra Radioteatral que eles mesmos fixeran para o concurso. Algun xa apuntaba maneiras.

18 xuño 2008

GRABACIÓN DE "PENSAR E SOAR" HOMENAXE ESPECIAL Ó BLUES





A pasada seman o incombustible Javi Turnes preparaba un programa dobre especial homenaxe ó Blues na compaña de Rafa Poncela. Estes mestres do Blues nos deleitaron cun programa remember dos mellores "Bluesmen" de todo-los tempos, e no segundo programa gravaron un ensaio público do que se poderá escoitar este venres no cafe Rodín en directo a partires das 11 da noite.

11 xuño 2008

GRELLA SEMANAL radiONeria












Aquí tedes a nosa GRELLA SEMANAL. Se alguén está interesado en facer algun programa ou sección, somentes ten que poñerse en contacto con nós e adxuntar unha breve sinopse ó correo: radioneria@hotmail.es