04 abril 2024


 Benvidos e benvidas a Radio Neria, esta é a nosa programación de hoxe Xoves 4 de abril. Empezamos as nosas emisións con CHEGAR A BO PORTO, no que Luis Corral conversa con Martín Senande, un dos últimos carpinteiros de barcos de ribeira. Seguidamente, un espazo para a poesía con Manuel Oliveira Gómez "Manolín" en REALIDADE E SOÑOS. E para rematar, MUNDOFONÍAS, hoxe con: "Cabaret Global".

Lembrade que comezamos ás 11:00 e volvemos ás 21:00 no 107.8 da FM e na web en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria7
Porto Si Mortos Non @luiscorraldios Luis Corral Dios Manuel Oliveira Gómez @mundofonias Mundofonías

02 abril 2024

 

Martes 2 de outubro, pasado o luns de Pascua, xa podemos dar por rematada a Semana Santa. Día de incorporación da rapazada ao cole. Hoxe imos abrir a programación, como cada martes, con DISQUE, e atentos á mirada crítica que cada día nos trae Maruxiña dos Queixos. Despois, O RECUNCHO DO ESTUDANTE, Aloia, Valeria, Irene e Carla, vannos falar hoxe sobre o que significa a Semana Santa para elas. E para rematar, MUNDOFONÍAS, hoxe con: "Transglobal World Music Chart: Abril 2024".
Esperámosvos a partir das 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM e na web en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/
@isabeltomeamenedo Isabel Tomé Amenedo @aloiiaaa_ @valeeriiiaaa._ @iirene_qs Mundofonías @mundofonias


01 abril 2024



    Luns, primeiro día do mes de abril, benvidos e benvidas á programación de Radio Neria. Hoxe inauguramos unha nova sección dentro de QUE LES, CORCUBIÓN? Un dos seus impulsores, Abraham Trillo estrea a sección ABRAHAM TIRA AO MONTE, unha sección de opinión na que Abraham fai un breve repaso aos artigos que vén de publicar durante o último mes en @quepasanacosta . Promete, a nova sección de Abraham, que non vai deixar a ninguén indiferente. Despois, teremos a oportunidade de escoitar de novo o especial feito polo alumnado do CEIP PRAIA DE QUENXE. E para rematar, CARNE CRUDA con "Jovenes: el futuro que seremos".
Todo isto a partir das 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM e na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/
@isa_soneira @abraham_oliveira @carnecruda

30 marzo 2024

Despois de dous días de descanso, hoxe sábado RADIO NERIA volve ás ondas, e facémolo cun novo episodio de FALAR SEN CANCELAS. Desta vez, Pepe Formoso conversa con Modesto Fraga, un dos grandes poetas da nosa contorna que está a facer un traballo extraordinario coa BIBLIOTECA DA FISTERRANÍA, da que vén de presentar a súa terceira entrega protagonizada por DESIDERIO PAZ FIGUEROA.

Escoitámonos a partir das 11:00 no 107.8 da FM ou na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/
@pepeformoso Pepe Formoso @jose_luis_louzan @modestofragamoure Modesto Fraga Moure @concellocorcubion Concello de Corcubión

 

27 marzo 2024

    Mércores 27 de marzo. Último día de programación antes do descanso (non sabemos se merecido) que imos tomar este xoves e venres. Hoxe temos unha nova entrega de ABRETEDEORELLAS no que Pepe Cunha trae temas de O SONORO MAXÍN @o_sonoro_maxin , @depedromusic ou @abandadaloba . Despois, CARNE CRUDA con "Derroteros: Los Enemigos, con Inés García y Paula Ducay"

Escoitámonos a partir das 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM, e na web en www.radioneria.blogspot.com ou www.zeno.fm/radio/radio-neria/