17 febreiro 2011

A radiONeria estrea un novo programa de "música jalleja dajora"



Gracias ao selo Pai Música e a súa Radio Pai, poderemos achegar ás Terras de Fisterra e Carnota un novo programa sobre "música jalleja dajora". Plástico Elástico é unha viaxe por unha odisea musical que percorre Galicia.
Así, dende esta mesma semana, todos os martes ás 20:00h, podedes escoitar as novidades sobre a múisca feita no país en Plástico Elástico. E o poden facer no 107.8 da FM ou a través do blog da emisora municipal de Corcubión radioneria.blogspot.com.


Bloque Musical

E lembren que cada día, a partir das 15:00h e tralo Boletín de novas diario, poden escoitar o bloque de "música jalleja dajora" da radiONeria.

Máis información

04 febreiro 2011

A radiONeria, referente informativo na Operación Orquesta


Dende que saltou a noticia, na mañá do pasado luns, a radiONeria non descansou. A Costa da Morte chegou á primeira plana informativa en todo o país e nós quixemos facer unha cobertura especial do acontecido "ás portas da casa".

Deste xeito, e grazas ao traballo conxunto co diario Que pasa na Costa, levamos informando de todos os detalles da Operación Orquesta dende o luns, cada sesenta minutos, dende as 08:00h da mañá e ata as 00:00h ou 01:00h da madrugada.

Toda a actualidade do caso resumida en boletíns informativos duns cinco minutos de duración, onde achegamos e actualizamos as últimas novidades. Un dispositivo case que 24 horas para que a Costa da Morte non perda nin o máis mínimo detalle do que está a pasar tan preto de nós.

A radiONeria quere estar sempre onde se lle necesita, dándolle voz aos problemas da nosa bisbarra durante todo o tempo que sexa preciso.

Sabemos dos vosos parabéns polo traballo feito, porque nolo contades.

Nós aquí estamos, as 24 horas do día ofrecendo información, cultura e lecer dende a Costa da Morte.

Graciñas polo seguimento.

24 xaneiro 2011

Os Jaiteiros da Coteleira e Donaire en Foliada



Continúa Paco do Muxico facendo unha fermosa colleita de música tradicional galega pola Costa da Morte. Son moitos os grupos que xa ten visitado grupos como As Raigañas de Cerqueda, Ramo Cativo, Lume na Cacheira ou as Canatreiras de Verdilllo.

Hoxe, luns 24 de xaneiro, ás 23:00h, Paco do Muxico marcha ata a Campara, en Ponteceso, para facer un Serán cos Jaiteiros da Coteleira. Non os perdan.

E para o luns 1 de febreiro Paco do Muxico tráenos un concerto do grupo de baile Donaire da Coruña.



Máis información

19 xaneiro 2011

Cataventos presenta na radiONeria a Escola Municipal de Vela e os Encontros Apem-Aspadex



Escoitar entrevista.

Carlos Pazos, técnico municipal, Noemí Bermúdez, Marcos Trillo e María Alcalde de Cataventos Escola de Vela, achegáronse ata os estudios da radiONeria para presentar a novedosa Escola Municipal de Vela de Corcubión, pioneira na Costa da Morte.
Escola que nace co obxectivo de que todos os mozos do municipio poidan achegarse ao mar a través de práctica do Deporte da Vela durante todo o ano. I é que non hai que esquecer que somos unha zona con raíces mariñeiras e hai que transmitirllo aos nosos mozos.

Inscrición

A Escola Municipal de Vela do Concello de Corcubión para nenos/as de 7 a
12 anos comezará a funcionar en xaneiro.
As preinscripcións poderán facerse nas oficinas do Concello ou no Pavillón Polideportivo e tamén chamando ó 981 745 400 / 981 746 753.
Para máis información diríxanse as oficinas municipais ou a Concellería de
Deportes.

Encontros Aspadex - Apem

Ademais, a entidade comezou esta semana co Curso de Vela no marco dos Encontros a Vela Apem-Aspadex. O pasado martes 16 os protagonistas foron os usuarios de APEM, un total de 10 participantes os cales se diviron en dous grupos de actividade. Un dos grupos decantouse pola vela e o outro polos Kaiak`s xa que dende Cataventos consideraron necerario que os participantes adquiran equilibrio e perdan a rixidez sobre unha superficie movil na auga.
Detse xeito os martes e mércores durante os meses de febreiro, marzo e abril os usuaurios de Apem e de Aspadex terán unha xornada mariñeira cada semana.

Hai que recordar que este proxecto non se podería levar a cabo sen a colaboración das empresas da zona, todas consideraron que este proxecto era moi interesante para integrar a estes participantes dun xeito ludico-deportiva no mundo da vela. Aí están apoiando a iniciativa os Hotel Insua,Marcos Canosa, Suministros Lar, Labralia, Ebanistería Sendon, Antelo, E.S Bazarra, Centreo de audicións nordes, Fuco Corbelle, Hotel o Horreo. As Hortensias, Madeiras Casais, Cen Cee.

22 decembro 2010

Manolín felicita o Nadal con toda a familia


Este mércores 23 de decembro, toca sesión especial de Nadal na radiONeria e Radio Roncudo. O Programa Realidade e Soños emite o seu especial de Nadal. E para iso, Manolín trae a toda a familia. O programa conta coa participación de Saulo Fernández, a filla de Manolín, Amparo Oliveira e o seu máxico neto Abraham Trillo.
O especial de Nadal chega cos poetas Juan Mena, Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Pondal, Gonzalo López Abente, Celia Rivas, Xoán Xosé Fdez. Abella, Manuel Curros Henríquez e Rubén Darío, acompañados da inconfundible voz de Pablo Milanés.

Xa o poden escoitar en: