Escoitar entrevista.
Carlos Pazos, técnico municipal, Noemí Bermúdez, Marcos Trillo e María Alcalde de Cataventos Escola de Vela, achegáronse ata os estudios da radiONeria para presentar a novedosa Escola Municipal de Vela de Corcubión, pioneira na Costa da Morte.
Escola que nace co obxectivo de que todos os mozos do municipio poidan achegarse ao mar a través de práctica do Deporte da Vela durante todo o ano. I é que non hai que esquecer que somos unha zona con raíces mariñeiras e hai que transmitirllo aos nosos mozos.
Inscrición
A Escola Municipal de Vela do Concello de Corcubión para nenos/as de 7 a12 anos comezará a funcionar en xaneiro.
As preinscripcións poderán facerse nas oficinas do Concello ou no Pavillón Polideportivo e tamén chamando ó 981 745 400 / 981 746 753.
Para máis información diríxanse as oficinas municipais ou a Concellería de
Deportes.
Encontros Aspadex - Apem
Ademais, a entidade comezou esta semana co Curso de Vela no marco dos Encontros a Vela Apem-Aspadex. O pasado martes 16 os protagonistas foron os usuarios de APEM, un total de 10 participantes os cales se diviron en dous grupos de actividade. Un dos grupos decantouse pola vela e o outro polos Kaiak`s xa que dende Cataventos consideraron necerario que os participantes adquiran equilibrio e perdan a rixidez sobre unha superficie movil na auga.Detse xeito os martes e mércores durante os meses de febreiro, marzo e abril os usuaurios de Apem e de Aspadex terán unha xornada mariñeira cada semana.
Hai que recordar que este proxecto non se podería levar a cabo sen a colaboración das empresas da zona, todas consideraron que este proxecto era moi interesante para integrar a estes participantes dun xeito ludico-deportiva no mundo da vela. Aí están apoiando a iniciativa os Hotel Insua,Marcos Canosa, Suministros Lar, Labralia, Ebanistería Sendon, Antelo, E.S Bazarra, Centreo de audicións nordes, Fuco Corbelle, Hotel o Horreo. As Hortensias, Madeiras Casais, Cen Cee.
No hay comentarios:
Publicar un comentario