09 marzo 2009

Entrevista ao alcalde de Corcubión na radiONeria

Chisco: "Non hai rencor, hai intereses políticos"

Recuperamos a entrevista realizada pola Radio Neria e o equipo de QPC ao alcalde corcubionés Francisco Lema, Chisco, co gallo das Eleccións Autonómicas do pasado 1 de marzo, cun resultado pouco positivo para o seu partido, o PSdG-PSOE. Obviamos a primeira parte da entrevista, que estaba enfocada ás mesmas eleccións, pero centramos este resumo na parte que atinxe ao concello de Corcubión, xa que hai moitas cousas que destacar.

Un alcalde que estes días salta á voz pública para protestar polo traslado do Cuartel da Garda Civil, chegando a asegurar que dimitirá se se leva a cabo, e acusando ao ente estatal de "faltar ao respeto á entidade municipal". Pero son outras moitas cousas as que repasaremos da entrevista, desta volta realizada por Xabier Calaza e Ubaldo Cerqueiro.

  • Entrevista Francisco Lema, Chisco.


  • Escoitar Entrevista Chisco.
  • Boletín de novas (09-03-09)

    NOTICIAS:

    - Día da Muller

    - Máis reivindicacións de igualdade en Ponteceso

    - O Liño, o protagonista

    - O PSOE de Ponteceso quere a primeira “aldea inglesa” de Galicia

    - Monte d’Arxa propón a Fundación Eduardo Pondal como candidata ó Premio Bergantiñán do Ano

    - O BNG de Cee considera que o alcalde ten abandonado o Concello

    DEPORTES:

    - Resultados do fútbol da Costa

    06 marzo 2009

    SUPER FREAK NIGHT SHOW




    Super Freak Night Show cada venres nos trae musica e frikadas a radio, presentado por DJ Alan e Jaky DJ, vaia par de sinverjuensas, nos entreteñen pinchando e dialogando sobre os mais diversos estilos de musica, e sempre dende un punto de vista bastante persoal.

    Horario:

    • Venres 22:00 ata as 24:00 en Directo.
    • Luns das 24:00 ata as 02:00 en Diferido.
    Presentado por:
    • DJ Alan
    • Jaky DJ
    PodCast:

    Terceira tempada:


    Segunda tempada:


    Primeira tempada:

    ESPECIAIS

    AVISO: UN FIN DE SEMANA SEN -- FORMULA NERIA --

    O próximo fin de semana, concretamente o Sábado 14 de Marzo as 5 da tarde non haberá o programa Formula Neria por problemas axenos a radio.

    O encargado do programa, Iván Pereira pide desculpas a todos os oíntes de Radio Roncudo e RadiONeria por esta ausencia e intentará estar con todos vos a semana do 21 de Marzo acercando toda a música Pop e Dance do momento.

    Non teremos Fórmula Neria pola tarde pero si poderemos escoitar unha nova edición do programa Hard Music as 10 da noite do Sábado.O dirixe Iván Pereira coa axuda na parte técnica de DJ Yako(Jacobo Garcia).

    Pedimos desculpas de novo a todos os oíntes.

    Sigan escoitando RadiONeria no 107.8 FM e Radio Roncudo no 106.1 FM.

    Boletín de novas (06-03-09)


    NOTICIAS:

    - A loita continúa

    - Denuncian a falta de seguridade laboral tralo suceso ocorrido en Malpica

    - A FECOM participa nun encontro con empresarios de todo o estado

    - Neria reflexiona sobre a crise

    - O Concello de Cabana organiza varios cursos

    - Moitas actividades polo Día da Muller

    DEPORTES:

    - Nuria, convocada coa selección galega

    - Volve o Huracán ás augas da Ría de Corcubión

    - Lembramos os partidos que se disputan esta fin de semana


    E recordamos a programación de hoxe na radiONeria e Radio Roncudo. Ás 16:00 teñén a cita semanal co deporte en Neria Deportiva. Xa pola tardiña, ás 21:00 chega Dj Rubén con Zona Dance, e xa ás 22:00, dús horas cun bo par de sinverjuensas en Super Freak Nights Show, un cita coa mellor música que poidas escoitar. Ao longo da noite, e para os amantes da caña, soará o Bloque de Música metalera.