08 octubre 2023




    A preocupación polo coidado do planeta é un dos motores do programa Onda ODS que o vindeiro luns comezará a emitir Radio Neria, conxuntamente con outros 240 medios locais do Estado. Falarase de prácticas respectuosas co medio ambiente. Os contidos pretenden achegar ao local os Obxectivos de Desenvolvementno Sustentables (ODS) definidos pola ONU en 2015. 

    Poñeráse especial atención á igualdade de xénero, cambio climático, promoción da agricultura ecolóxica e da artesanía, redución de residuos plásticos e á loita por unha educación de calidade. Ademáis dos programas -con formato reportaxe e duns dez minutos de duración- a iniciativa Onda ODS Empeza por ti, tamén propoñerá aos ointes da radio local a formulación de retos individuais que vaian na liña dos obxectivos marcados. 

    Ademáis do espazo radiofónico e dos pódcast, os retos individuais irán acompañados de actividades na liña de fomentar hábitos sustentables para a consecución da Axenda 2030 e ao tempo visibilizar boas prácticas existentes na comarca. 

    Onda ODS empeza por ti é unha iniciativa conxunta de Emisoras Municipais Galegas, Emisoras Municipales de Andalucía, La Xarxa de Catalunya e a Rede de Medios Comunitarios. Continua un proxecto xa iniciado en 2022 e conta coa axuda do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

 

Máis información: www.ondaods.org


 

No hay comentarios: