Representantes das emisoras municipais do estado reúnense en Corcubión
Representantes das redes de radios
locais do estado reuniranse este xoves en Corcubión. Radio Neria actuará como
anfitriona nun evento no que participarán as Emisoras Municipales de Andalucia,
RTV Cardedeu- La Xarxa de Catalunya, Emisoras Municipais Galegas e a Red de
Medios Comunitarios. EMUGA coordena esta reunión onde os representantes das
redes examinarán a marcha do proxecto “Onda Ods Empeza por ti” que desenvolven
de xeito conxunto desde o pasado mes de abril. A xornada desenvolverase ao
longo do xoves na Casa da Cultura de Corcubión.
Tanto Toño Casais (Radio Neria) como
Henrique Sanfiz (Radiofusión) expuxeron no pasado mes de xuño a intención de
transformar a radio local nun centro de produción de audio e nun punto
dinamizador da comunicación na comarca. Nunha xuntanza co movemento asociativo,
celebrada no Clube Marítimo Carrumeiro, repartíronse exemplares de
"Comunicándonos. Guía práctica para a elaboración de contidos audiovisuais
e pódcast relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel".
"Onda Ods Empeza por ti" é unha iniciativa das Emisoras Municipais de
Andalucía en colaboración coas Emisoras Municipais Galegas, a Xarxa de
Catalunya e a Rede de Medios Comunitarios. Conta coa axuda do Ministerio de
Dereitos Sociais e Axenda 2030.
Na xuntanza de xuño tamén se falou do
exitoso pódcast "Lo que tu digas" impulsado polo mozo natural de
Corcubión Alex Fidalgo que xa supera os 10.000.000 de descargas e que conta con
280.000 seguidores en YouTube, 190.000 en Instagram e 10.000 en Twitter.
Ningún comentario:
Publicar un comentario