02 junio 2011

A radiONeria será a protagonista dunha documental



Os colaboradores da radiONeria José Lemur, O Fantasma accidental, e Pablo J. Damonte comezan a creación dunha documental sobre a emisora municipal de Corcubión. Ao redor, o equipo de colaboradores aportando contidos ó documental e á emisora, e un séquito de antigos participantes que fixeron da radiONeria unha referencia informativa na Costa da Morte durante moitos anos.
Falamos dunha radio con máis de 20 anos de historia, pero nin as denuncias poden botar abaixo. A súa vertente social é tan grande que fai que as ondas nunca deixen de soar.
O proxecto vai para longo, pois o material que están colleitando é infinito. Ademais é un proxecto que está aberto a toda a veciñanza da zona que teña colaborado o non coa emisora, e teña gañas de aportar.

Canteira inagotable de talento



De feito, a incidencia social da radio municipal de Corcubión está continuamente demostrada. A vertebración social que xerou en diferentes xeracións de Corcubión e da comarca de Fisterra vese nas diferentes capacidades que potenciaron os seus usuarios.
Para facer a montaxe contactamos con auténticos profesionais de diferentes sectores que se formaron nos estudios de Corcubión. Referentes galegos no mundo radifónico deportivo, actores de teatro de primeiro orde galego, políticos, mestres... A radiONeria  foi, e é, toda unha canteira inagotable de talento.
Así como referentes da Canteira radiofónica podemos faar de persoeiros tan significativos a día de hoxe como Marco Antonio Sande (voz dos deportes da COPE Coruña), Fran Hermida (voz da Coruña Deportiva da Cadena Ser e voz da Radio Nordés durante moitos anos); José Luís Louzán (voz actual da Nordés) ou o propio Pepe Formoso (actual director da Radio Nordés-Cadena Ser).
Pero tamén podemos traer exemplos da canteira teatreira como os actores de Talía Teatro Toño Casais e Dani Trillo.
Ademais temos exemplos tan significativos da canteira poética non só en Manolín, senón tamén no seu neto Abraham, que comparte con Saulo, Marta e Iago Cespón o espazo xuvenil "Un máis un".
Como representante da canteira política podemos destacar a Oscar Insua, actual voceiro do BNG de Corcubión, que a piques estivo de converterse no 2008 como o alcalde máis novo de toda Galicia. A intención será tamén a de falar co actual alcalde do Concello corcubionés, que seguramente seguirá sendo o socialista Francisco Lema, Chisco.
E non quedamos aí, temos varios mestres formados nas ondas da emisora municipal de Corcubión, como Isabel Tomé, que nas ondas faise chamar Maruxiña dos Queixos.
Con todos eles intentaremos falar na documental, ademais de con todos os colaboradores actuais da radio, para deixar claro o potencial educativo, social e cultural que ten a emisora municipal de Corcubión.

Máis información e contacto

Poden aportar as súas impresións sobre a documental en radioneria@gmail.com.

No hay comentarios: