Reunión entre o Concello e os coladoradores da emisora - Foto: Pablo J. Damonte |
O Colectivo de Colaboradores da emisora municipal de Corcubión e membros da Asociación Radio Neria, continuamos en marcha para volver ás ondas. Xa saben que a radiONeria tivo que suspender as emisións a través do 107.8FM por mor dun expediente aberto dende o Ministerio de Industria. Un expediente pola situación de ilegalidade (dende 1995) do radioenlace, que envía as ondas dende os estudios da emisora no centro de Corcubión, ata o repetidor do Monte do Son.
Precisamente na eliminación desa conexión se basean as posibles solucións que barallan colaboradores e concello. E precisamente este pasado sábado mantiñan unha reunión os membros da emisora co Alcalde e o Teniente alcalde da vila de San Marcos. A idea é sacar adiante o expediente ademais de atopar unha solución viable e legal para volver emitir polas ondas.
Vía internet
A primeira solución que se prantexou é aproveitar a conexión wifi do Concello para salvar o radioenlace. A través dun sistema de streaming a solución podería ser viable.Pero aquí surxe a dúbida: É obrigatorio que unha radio municipal emita dende o seu termo municipal?.
O caso é que o emisor do Monte do Son está en Cee e esa podería sera unha segunda irregularidade como lles informaron os técnicos ao Concello.
A través da colaboración do Grupo de Facebook creado para a ocasión TODOS CON RADIONERIA, rastreamos e ollamos que:
- La ubicación de estas emisoras, incluyendo su correspondiente antena, se llevará a efecto dentro de su propio término municipal, con las características de potencia y altura efectiva fijadas para cada caso en este Real Decreto. Cualquier excepción a esta norma general habrá de ser objeto de la pertinente autorización por la Secretaría General de Comunicaciones.Deste xeito parece que dá a entender que por algunha causa medioambiental, e dun xeito particular, se poida agrupar unha serie de emisores nun punto. E esa podería ser a nosa situación.
Segunda solución: Emitir dende os estudios
Aló polo 1995 a radio municipal emitía dende os propios estudios da emisora. Pero as interferencias que producían nas televisións e radios dos veciños fixo imposible continuar deste modo. Foi aí cando se decidiu levar a emisión ao Monte do Son quedando pendente o proceso de legalización ata o día de hoxe.Trala reunión mantida o pasado sábado 5 de marzo, o Concello xa se puxo en marcha para probar de novo a emitir dende os estudios centrais, situados na Avda. da Viña, nº8. A mércores 9 de marzo xa hai prantexados varios orzamentos de técnicos que poidan traer o emisor para os estudios e poñer a andar de novo as ondas da FM.
Iso si, cun radio de acción moito máis curto.
Un problema alleo á política
Iso si, compre que quede claro que a Asociación Radio Neria e o colectivo de colaboradores da emosira municipal de Corcubión é moi importante que a problemática non se utilice como arma política por ningunha das partes. E o dicimos máis por algún xornalista da zona que intenta máis agravar que solucionar a situación."Non queremos culpables, queremos solucións"
A radiONeria na prensa
- Quepasanacosta: A radiONeria pecha temporalmente as emisións a través da FM.
- Diario de Bergantiños: Telecomunicaciones abre un expediente a Corcubión por la radio municipal.
- Galicia1: Radioneria cierra temporalmente sus emisiones pero continua emitiendo por internet.
- Guía de la radio: La municipal Radio Neria (C) cierra tras una denuncia del Ministerio de Industria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario