Sen dúbida algunha, Manolín foi o
empregado da semana das radios comunitarias da Costa da Morte. I é que como xa saben, o máis veterán do equipo de colaboradores da radiONeria vén de estrear un novo programa,
Zarzuela.
Pois ben, o noso Manolín foi o convidado estrela o pasado xoves en O Ronsel, programa das radios comunitarias da Costa da Morte que dirixe Óscar Rey. Nel, fixo un percorrido polas que ben seguro son as tres paixóns principais da súa vida: O fútbol, a poesía, e a radio. Ésta que lles achegamos foi a entrevista.
- ¿Botas de menos o fútbol en activo?
Nestes intres si. Levo práticamente toda a tempada sen el. Necesitaba descansar máis que nada por algunhas cousas que sucederon. Aínda que xa fun a dous ou tres partidos e xa empecei a colocar á xente no sitio que eu penso...
Xa me empeza a nostalxia do fútbol. Cando descansas por un tempo, e eu descansei pouco dende que comecei nisto xa fai 37 anos, aprendes moito estando fora e vendo as cousas, pero agora procuro únicamente ver fútbol e non facer a máis mínima crítica.
- ¿Como ves hoxe o fútbol da Costa?
Realmente está collendo uns cauces que a min non me están a gustar. No fútbol nacional perdeuse o sentimentalismo.
Ás veces falta ese espíritu que teñen en Fisterra ou en Corme. Estase a botar en falta, e moito máis eu, que nos meus tempos quizáis non era mellor ou peor fútbol, pero era outra cousa.
- Cando o fútbol invade demasiado nacen os vinte anos de radio, que tamén están aí, ¿non si?
Si, nace todo. O deporte para min é unha descarga de adrenalina e necesítoa cada vez máis. De feito agora que non adestro a ningún equipo voume case todos os días ao ximnasio para descargar a adrenalina que acumulo por todo o que vexo, pola intolerancia e as malas formas dalgúns, e contra iso, ás veces non podes loitar pero si revelarte.
- Pois aí estamos con dous programas de radio, un deles de poesía, que invade escoitarte...
Unha das poesías que lle fago a varios lugares da Costa, dende Fisterra, pasando por O Pindo, do cal estou namorado, ata Cee, vén dicindo que as ondas chegan a Cee como descanso de guerreiro. Despois do fútbol necesito a poesía, que é a que me calma. O que si é certo, é que non recito nin recitarei nunca nada por encargo, no sentido de teatrealizar.
Todo o que eu recito nestes programas é o que sinto nesa semana.Se estou guerreiro normalmente busco a Celso Emilio Ferreiro, que realmente me enche. Se estou amoroso hai un abanico moi grande. Se estou ferido por moitas cousas teño a Miguel Hernández.
- Estes días salta á palestra Miguel Hernández. Hai algúns expertos que din que nalgún intre da súa vida foi un poeta mediocre...
Dirán o que digan pero para min a poesía é unha forma, de sentir, de vivir, e non concibo un poeta que sexa un mentireiro ou un trapalleiro e pouco honesto. Poderá escribir moi ben poesías preciosas que leven premios, pero non é o que eu penso do poeta. O poeta é transmitir o que sinte, mellor ou peor, iso tamén está na forma que ten cada un de ler, e o que necesite ler.
- E por se non chega a poesía, agora Zarzuela...
Era unha cousa que tiña en mente dende hai seis ou sete meses. Eu recordaba a zarzuela de hai anos en Televisión Española. Para ter todo o seu esplendor necesita un pouco de teatro. É unha combinación de música e teatro. Combina dialogos con cancións, danzas e coros...
Botábao moito de menos. Eu son un namorado de toda a música, pero sobretodo da zarzuela. E o pobo o que canta sendo moi señorito.
Eu encontro sentimentos por todas partes. Non sei como Televisión Española, que agora está un pouco renovada, non recupera eses espazos musicais.
Manolín na radiONeria:- en Realidade e Soños: Os mércores ás 23:00h e os luns ás 14:00h.
- en Zarzuela: Os domingos ás 11:00h e os martes ás 14:00h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario