Na retransmisión Adrían Leira estivo nas bancadas de Miraflores e Xabi González fixo o propio dende Castriz. Iván Pereira e Fran Lago coordinaron todo dende os estudos da emisora.
Dende aquí, dende a radiONeria, queremos lembrar que nesta nova andaina na que se atopa inmersa a emisora nesta época, os colaboradores que queremos a este medio e contribuímos a mantelo vivo, loitamos por construir un proxecto que non só quede no concello de Corcubión, senón que queremos convertirnos nunha alternativa para toda a Costa da Morte.
Agradecemos as numerosas mostras de apoio e interese amosadas pola audiencia dende que onte facíase público que seriamos o único medio de comunicación da Costa en contar o minuto a minuto da xornada futbolística. Foron ducias de chamadas as recibidas ao longo da tarde non só dende a Costa, senón tamén dende puntos como Vigo ou A Coruña, para interesarse sobre a emisión a través de internet. Dende aquí só podemos dicir unha cousa: Grazas.
(foto: tuenti da UD Corcubión)
Escoita a retransmisión dos partidos:
1 comentario:
Parabéns polo traballo, que foi evidente que tiña moita xente interesada de toda a Costa. Algún día espero que certos localismos que rozan a enfermidade desaparezan e deixen ver o moito e ben que estades a facer as cousas nesta nova andaina de RadiOneria.
Publicar un comentario