E por se fora pouco, este sábado o programa estará adicado ós coruñeses Luar Na Lubre. Poderán escoitar moitos temas do seu último álbum, Ao vivo, un disco que se gravou en directo no teatro Colón da Coruña no que participaron artistas como Diana Navarro, Pedro Guerra, Luz Casal ou Ismael Serrano. Non hai que esquecer o agarimo que lle teñen Luar Na Lubre á nosa Costa con cancións como Costa da Morte ou Camariñas. Ademáis, tamén terán a oportunidade de escoitar unha entrevista coa persoa que puxo a primeira pedra da agrupación, Bieito Romero.
O programa está conducido por Federico Salvador e Juan Armando Salvador, co apoio de Lola Sánchez e Javier González.
Lembren a cita:
- Os sábados, de 11:00h a 12:00h.
- Os martes, de 13:00h a 14:00h.
radiONeria, comprometidos coa música do país.
No hay comentarios:
Publicar un comentario