17 diciembre 2009

O sorteo da lotería do nadal na tua radio


Un ano máis a radiONeria e a Radio Roncudo retransmitirán o vindeiro 22 de decembro o sorteo extraordinario da lotería do nadal. Será un programa especial que dará comezo ás 08:00h da mañá no que lles achegaremos en directo todo o que aconteza no salón de loterías en Madrid, co apoio dun equipo de enviados especiais alí desprazados. Poderán escoitar dende os prolegómenos do sorteo, ata as reaccións xurdidas nos distintos puntos do país, pasando por suposto, polos cánticos dos premios nas voces dos nenos e as nenas de San Ildefonso. Todo un maratón de radio no que agardamos contar que as ilusións fanse realidade na Costa. Óscar Rey e Fran Lago serán os encargados de conducir o espazo.

Lembren a cita, o vindeiro martes 22 de decembro, dende as 08:00h da mañá. Coma sempre poden sintonizarnos a través do 106.1 e o 107.8 da FM e a través deste blog na sección Escoita radiONeria na rede na marxe dereita do mesmo.

radiONeria e radio roncudo unindo a costa da morte

3 comentarios:

Anónimo dijo...

o fixestedes moi ben, e eu que non via ben o TDT, escoitei todo e me gustou. Sorte

radiONeria dijo...

pois moitas grazas...

a verdade é que tivo unha preparación previa dun bo feixe de horas pero pagou moitísimo a pena e o tempo fóisenos voando.

seguiremos facendo programas especiais sempre que haxa algo que contar.

graciñas, de verdade, por escoitar o 107.8 e o 106.1.

saúdos. Fran.

radiONeria dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.