30 setembro 2025
22 xuño 2025
Este luns escoitamos o pódcast que Radio Neria gravou no Centro Recreativo Cultural de Corcubión
03 xuño 2025
RADIO NERIA GRAVA UN PODCAST DESDE O CENTRO RECREATIVO CULTURAL DE CORCUBIÓN
21 abril 2025
Arranca o concurso inter-institutos “Onda ODS – o futuro é teu "
Mañá emítese na programación de Radiofusión a primeira das semifinais do concurso sobre ODS e Axenda 2030 que se realiza simultaneamente en varios territorios do resto de España.
Os estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) de catro centros galegos serán os protagonistas desta primeira edición dun concurso que pretende transformar a educación en materia de sustentabilidade nunha experiencia interactiva, divertida e emocionante aproveitando o alcance e a influencia da radio local en todo o Estado.
Este concurso Preséntase como actividade central do proxecto “ONDA ODS O Futuro é Teu” formulado pola Asociación de Emisoras Municipais e Comunitarias de Andalucía de Radio e TV (EMA-RTV) en colaboración con RTV Cardedeu, a Asociación de Emisoras Galegas (EMUGA) e a Rede de Medios comunitarios (ReMC).
A representación dos centros galegos neste concurso está representada polos Institutos Manuel García Barros de A Estrada – en Pontevedra, o IES Perdouro de Burela – en Lugo-, o IES Antón Losada Diéguez tamén da Estrada e o IES de Fene, da Coruña.
Os cruces entre estes equipos que comenzan mañá martes 22, co enfrontamento do IES Manuel García Barros e o IES de Fene, e continuará o na segunda semifinal entre o IES Perdouro de Burela e o Antón Losada da Estrada o venres 2 de maio. A final entre os equipos gañadores destes cruces dará a coñecer ao equipo que representará a Galicia na fase estatal do concurso, onde se medirán con centros de Catalunya, Andalucía e a Comunidade de Madrid.
O centro de ensino que acadará o título nesta primeira edición do concurso “Onda ODS – O Futuro é Teu” dirimirase na final estatal que terá lugar o día 13 de maio.
06 febreiro 2025
Día dos Medios en Galego
Cada 7 de febreiro, Galicia celebra o Día dos Medios en Galego. Faino co gallo da saída da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, O Tío Marcos d’A Portela, en 1876.
Un “Día” ratificado por unha declaración conxunta de todos os partidos con representación no Parlamento Galego o propio 7 de febreiro de 2018.
Un Día que serve á entidade de fío condutor para realizar as campañas de sensibilización e concienciación da necesidade de manter medios que manteñen viva e útil o noso idioma.
Para celebrar a data vimos realizando unha serie de eventos:
En 2018 celebrouse en Barallobre (Fene), na que interviron 25 persoas relacionadas coa nosa cultura e cos mediosa.
En 2019 a Gala tivo lugar en Pontevedra, e contou coa presencia de Touriñán e Ugia Pedreira. Un evento que nos servíu para “sacar peito” e fachendear de coidar a nosa lingua, de ennobrecela a través de usala, de darlle máxima utilidade.
En 2020 o acto cultural celebrouse no Casino1889 de Carballo, coa dirección de Avelino González e a regueifeira Lupe Blanco, e a actuación da banda Terbutalina.
Este 2021 toca facelo vía streaming, cun formato #LateNight que tivo que ser adiado polas restricións sanitarias e que emitiremos o 20 de marzo polas canles de Youtube e Facebook da AMEGA, as radios municipais e Nós Televisión.
En 2022 fixeron un percorrido histórico polas rúas de Santiago lembrando momentos importantes da historia para a nosa lingua, coas representacións dos Quinquilláns .
En 2023, coa intención de chegar máis directamente á mocidade, artellamos un minifestival de música galega contemporánea cos concertos de Grande Amore e Ortiga.
Se ben a AMEGA formámola arredor de 60 medios (radios, edicións impresas, xornais dixitais…) vimos de contrastar que hai activos máis de 140 medios (incluíndo revistas especializadas, tanto dixitais como impresas) contanto o que pasa no noso país.







