De luns a venres, ás once da noite, pechamos a xornada coa información global, sen censuras. Con Amy Goodman, Democracy Now. Esperámoste!
11 abril 2015
10 decembro 2014
Volve Funkmania
Despois duns anos sen poder contar con este clásico programa sobre a música smooth-jazz, regresa a nosa grella no mesmo horario no que se emitira dende os seus inicios. Todos os domingos (ao luns) dende a media noite. Estamos moi contentos de volver a contar con este espazo presentado por David Margam, seguramente, volverá a engancharvos á radio na noite dos domingos.
Publicado por
radiOneria
17 outubro 2014
Nova aposta: O misterio chega a Radio Neria con “Encuentros”
Novo programa e nova temática en Radio Neria.
Nunca emitiramos programas sobre parasicoloxía e temáticas realicionadas co misterio.
Este venres comeza “Encuentros”, presentado por Yolanda García. Sesenta minutos con testemuñas e temas que te farán pegarte á radio!
Horario: A madrugada dos venres aos sábados, ás 00.00h.
Publicado por
radiOneria
24 setembro 2014
Máis novidades na nosa programación. Música tradicional e música de sempre
Volve un programa xa coñecido na Radio.. Volve Foliada, presentado por Paco do Muxico. Un programa que fala sobre a música tradicional galega, sobre grupos dos pobos, das aldeas, da nosa terra.
Emitirase os xoves de 21.00h a 21:30h.
Ademáis o mesmo Paco do Muxico presentará A Gramola, un espazo de trinta minutos no que se recopilarán, semanalmente, as mellores cancións dos sesenta e setenta.
Emitirase os xoves de 21:30h a 22.00h.
Publicado por
radiOneria
Ao noso xeito, novo programa de Radio Roncudo e Radio Neria
Novo contido na Radio presentado por Óscar de Souto e Manuel de Corme. Contidos literarios, entrevistas e actualidade cultural.
Todos os vernes ás dez da noite e todos os sábados ás nove da mañá.
Todos os vernes ás dez da noite e todos os sábados ás nove da mañá.
Publicado por
radiOneria
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

