30 xaneiro 2009

29 xaneiro 2009

Entrevista a Manolín na Radio Neria



O pasado venres 23 de xaneiro de 2009, os dous Manolíns, o adestrador e o presidente, pasaban polo programa Neria Deportiva para explicar na súa casa a decisión de dimitir como presidente para este xuño. Entre Óscar Santos e Darío Domínguez, colaboradores do programa e de QPC, sacaron o que Manolín ten máis dentro.
- Estes días levas avisando que estes tres anos vanse facendo pesados no equipo e para Xuño anunciase que hai eleccións, que hai de certo?
Si, seguramente na segunda semana de Xuño, posto que o 10 acaba a liga, e a ver si se van presentando as candidaturas porque, efectivamente decidín deixalo.

- Como presidente e como adestrador?
Deixo o equipo como presidente o adestrador non ten nada que ver, será cousa da directiva nova. Se non sigo aquí terei que emigrar, e se non hai equipo adestrarei ao meu neto, pero algo teño que facer.

- Pensas que haberá quen colla o equipo?
Non vai haber ningún problema, en Cee hai xente de sobra, e cualificada para coller o equipo, porque estas cousas pasaron sempre. A morte dun guerreiro non significa que non haxa quen colla a espada. Non vai haber ningún problema.

- O ano que colliches o equipo fuches o único que se presentou?
Si, foi algo moi rápido, había outras candidaturas pero ao final retiráronse, máis ben por descanso. Foi unha presidencia que comezou moi ben pero que esta acabando bastante mal, basicamente polas discrepancias entre adestrador e presidente.

- Explícanos iso?
Pois ben, o adestrador esta deixando facer demasiado ao presidente, que non esta a facer as cousas como é debido, ata hai pouco eran coincidentes en forma de pensar pero agora vense presos dunha situación non moi boa, por tanto e mellor marchar para poder ser algo máis libre.

- Cres que foi un erro coller os dous cargos nunha mesma persoa? Volverías a facelo nun futuro?
Moi difícil pois so podería ser iso no Cee, pero non foi ningún erro. Eu creo que tiña a dobre capacidade para facelo, aínda que tiven que tragar con cousas que como persoa non aceptaría. Eu son moi libre, e de feito a critica que mais me doeu foi a de que me dixeran que son un ditador e que outros podendo evitalo o consentiran. Manolín pode consentir que lle peguen, pero non que lle pregunten se lle gusta.

- A propósito do de ditador, Miguel Freire marchou por discrepancias pero sempre recoñeceu o democrático da directiva.
Efectivamente, incluso se chegaron a tomar decisións coas que eu non estaba de acordo e eu tiven as cousas moi claras desde o principio. Por certo, outra ousa, de Baio para ala teño moi boa consideración como adestrador e como persoa pero de Baio para aquí parece que a xente ten potestade para falar de Manolín persoa sen coñecer nada, se iso e democracia que veña deus e o vexa.

- Pode a nova directiva contar con Manolín como adestrador?
Por suposto, o Cee é o equipo dos meus soños pero é moi difícil levalo. Aparte foi onde máis paus levei, e iso que a historia do Cee non se pode escribir sen Manolín. Podo estar na picota de moitos equipos, pero negar que sempre estarei aí no Cee é negar a historia.

- O concello tivo algo que ver nesta decisión?
Foi un cúmulo de cousas, ningunha delas moi grave pero que merman, pois non se cumpriron certas promesas e tampouco se desculparon, nin se deron explicacións. De feito, parte da culpa de que non se fixera a homenaxe do 75 aniversario de Cee foi por esas promesas incumpridas. Entra aquí tamén o terreo deportivo, o social… todo. Trato sempre de ser fiel a min mesmo e son coma a Ave Fénix, se caio trato de levantarme. Houbo tamén problemas nas fichaxes, porque apenas adestramos… e se non adestras a veces non mereces xogar, e por isto mesmo a veces tamén me gustaría poñer a xogar máis a Jacobo, por exemplo.

- Nun hipotético caso de que descendera o Cee non che quedaría unha pequena conta pendente?
O momento non e nin bo nin malo pero teño que pensar un pouco en min. Hai xente que non esta de acordo co que fago. Agora xa sabe todo o mundo o que hai e síntome mellor así

- Xa no plano deportivo, como ves o equipo e cal e o obxectivo para o que resta de tempada?
O último que quero é que o Cee baixe e o meu compromiso é grande. Igual non nos dá tempo a xogar a Copa porque teñen que empezar as obras para pór céspede sintético no Novo Raíces e estar listo para a vindeira tempada, e o Cee xogará a copa fóra ou non a xogará. En canto ao equipo, a pesar da falta de entreno ten categoría suficiente para non baixar se se mostra esa actitude de compromiso, ese compromiso de adestrar que teñen Jacobo, Leo, Rafa, etc.

- Estes anos o Cee intentou volver a xente da casa: Pato, Berto, etc?
Dende o primeiro día a nosa directiva tentou volver a traer a todos: Iago, Tropi, etc. De feito de Tropi doeume que dixera que lle quedou unha espiña por non voltar ao Cee, pois tivo dous anos para pensalo, porque falei con el.

- Iso de que comezada a tempada a carta de liberdade non se dá a ninguén, que ten de certo?
Pois iso precisamente incumpriuse con Berto o ano que marchou, pero iso esta aprobado en xunta Directiva e recollido en acta, a non ser que sexa por causa de forza maior e non sexa para a mesma liga. Pero non se pode aceptar que sexa por outros motivos, non se lle puido dar a Josiño nin a Fran Pioto para non abrir un precedente. Intento ser sempre consecuente con todo o que fago e co que digo, e é algo que levo facendo toda a miña vida.

Lembren, poden escoitar ao 3º Manolín, ao máis puro, os mércores ás 23:00 na Radio Neria e Radio Roncudo.
Entrevista realizada no programa Neria Deportiva da Radio Neria, recollida por Darío Domínguez.

Boletín de novas (29-01-09)


- As adminstracións olvidan á única estación de buses da Costa da Morte
- Xa hai fondos para 7 dos 9 Grupos de Desenvolvemento Rurais da provincia da Coruña
- O concello de Corcubión comeza os traballos para recuperar o cine vello
- A Neria, expulsada do GAC
- Da necesidade de indentificar aos cans con microchip
- O Comité do Hospital protesta en Santiago
- O Valedor interesase polos eólicos de Muxía
- Tanto o BNG como o PSdG-PSOE de Ponteceso saen estes días á palestra criticando a labor do goberno popular de José Luis Fondo Aguiar.

Cultura
- Xa hai programa para o Entroido máis tradicional da Costa da Morte
- A Casa da Cultura de Vimianzo ten por fin programación

Máis información en Que pasa na Costa.
Escoitar o Boletín.

28 xaneiro 2009

Boletín de novas (28-01-09)


- A ría de Corcubión deixará de ser zona "C"
- Os areais de Fisterra e Carnota, zona A
- A nova directiva a Asociación Pedramar do Pindo xa prepara o Entroido
- Mohamed Safa analiza o conflicto da franxa de Gaza nos Institutos de Cee

Deportes
- O Clube Piragüismo Dumbría non volve de baleiro de Portugal
- Boa xornada para os pichichis da Costa
- Partidos adiantados da vixésimoprimeira xornada das Ligas da Costa. O Corcubión-Malpica será o sábado 31 ás 16:30 no Novo Cubaleiro.

Lembramos que hoxe mércores é a noite máis produtiva da radio corcubionesa. A partir das 22:00 chega Lena Yuman con Música sen fronteiras, unha viaxe polas músicas do mundo. Ás 22:30, Javi Turnes co seu Pensar e soar, onde o blues mestúrase coa filosofía. Cara ás 23:00, Manolín e a súa Realidade e soños, un programa de poesía con moito corazón, e antes do Bloque musical de Músicas do mundo, Inversión Infinita, un programa dos que merece a pena quedarse ata o último segundo.