17 outubro 2016

Nova Tempada 2016 - 2017


Comezamos nova tempada na Radio Roncudo e Radio Neria.
Xunto coa clásica programación, chegan novos programas ás radios comunitarias da Costa.

Estate atento a nosa grella!

31 decembro 2015

Palco de Estrelas na Radio Neria



O clásico programa das madrugadas sobre orquestas e verbena galega, chega a Radio Neria da man de Dani Seijas. Todos os Xoves dende as 20:30h.

22 setembro 2015

Servizo de Whatsapp


08 setembro 2015

Tempada 2015/2016. Volta O noso xeito.


O programa cultural e social máis potente da Costa chega, de novo, da man do cabanés Óscar de Souto.

Como sempre, cada venres e sábado, repasarase a axenda cultural e falarase de temas sociais de actualidade, unha sección que se incorpora por primeira vez nesta temada.


Horario:
  • Venres de 22.00h a 23.00h
  • Sábados de 11.00h a 12.00h.

13 xullo 2015

Aprenda Rock, a parodia dos rankings na Radio Neria

Estamos de estrea na Radio Neria, dende Arxentina chega Aprenda Rock, un programa presentado por Ernesto Fucile.

Lexos das listas musicais estilo Top-Ten, "Aprenda Rock" é un programa de Radio que parodia os rankings, con entrevistas a Artistas internacionais, seccións variadas e moito humor, orientado o público Adulto-Xoven. Emítese en Radios AM e FM de Latinoamérica, España e EE.UU.

Na Radio Neria o podes escoitar os Xoves as 22h.

Páxina Web Ernesto Fucile