Estamos de estrea na Radio Neria, dende Arxentina chega Aprenda Rock, un programa presentado por Ernesto Fucile.
Lexos das listas musicais estilo Top-Ten, "Aprenda Rock" é un programa de Radio que parodia os rankings, con entrevistas a Artistas internacionais, seccións variadas e moito humor, orientado o público Adulto-Xoven. Emítese en Radios AM e FM de Latinoamérica, España e EE.UU.
Na Radio Neria o podes escoitar os Xoves as 22h.
Páxina Web Ernesto Fucile
13 xullo 2015
18 xuño 2015
Novos programas que chegan á Radio Neria
Neste mes de Xuño estreamos dous novos programas que chegan dende o extranxeiro.
Dúas persoas que se interesaron por esta radio e que queren colaborar aportando o seu graíño de area.
Dúas persoas que se interesaron por esta radio e que queren colaborar aportando o seu graíño de area.
Un dos programas é Rock & Comics dirixido por Hugo Rodrigo Zapata.
A temática deste espazo é a mezcla do rock co cómic.
En cada programa, entrevista a un dos autores que acaban de publicar o seu comic. Conta con varios colaboradores expertos que participan nas diferentes seccións de crítica, cómics no cine e outros espazos cun ton algo máis cómico.
Todo elo acompañado da mellor música Rock.
Horario de emisión:
Mércores as 22h e Sábados as 9h.
Publicado por
radiOneria
11 abril 2015
A información internacional, sen censuras: Democracy Now
De luns a venres, ás once da noite, pechamos a xornada coa información global, sen censuras. Con Amy Goodman, Democracy Now. Esperámoste!
Publicado por
radiOneria
10 decembro 2014
Volve Funkmania
Despois duns anos sen poder contar con este clásico programa sobre a música smooth-jazz, regresa a nosa grella no mesmo horario no que se emitira dende os seus inicios. Todos os domingos (ao luns) dende a media noite. Estamos moi contentos de volver a contar con este espazo presentado por David Margam, seguramente, volverá a engancharvos á radio na noite dos domingos.
Publicado por
radiOneria
17 outubro 2014
Nova aposta: O misterio chega a Radio Neria con “Encuentros”
Novo programa e nova temática en Radio Neria.
Nunca emitiramos programas sobre parasicoloxía e temáticas realicionadas co misterio.
Este venres comeza “Encuentros”, presentado por Yolanda García. Sesenta minutos con testemuñas e temas que te farán pegarte á radio!
Horario: A madrugada dos venres aos sábados, ás 00.00h.
Publicado por
radiOneria
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


