12 marzo 2009

Voltou O Ronsel á Radio Roncudo e radiONeria


Logo duns meses de parón invernal, o programa O Ronsel, que dirixo Óscar Rey Calo, volta ás ondas da Radio Roncudo e radiONeria. Será cada xoves ás 22:00 da noite, e cada sábado ás 12:00, en directo.


Esta semana estará no Ronsel o Presidente da Asociación de Veciños "Eduardo Pondal", José Manuel Ferreiro Chans e o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Corme, Manuel Cousillas.


Ferreiro fará un repaso polas demandas que a asociación poñerá sobre a mesa coa constitución do novo goberno da Xunta de Galicia. Como prioridade fundamental destaca "a volta dos médicos" (pediatra e segundo médico).


Por outra banda, Manuel Cousillas fala das últimas iniciativas da Confraría, tamén da Festa do Percebe, que según el "terá novidades en positivo nesta edición".

Boletín de novas

A actualidade da Costa da morte en 10 minutos no Boletín de novas para radiONeria e Radio Roncudo da man de quepasanacosta.com.

Horario:


  • De Luns a Venres ás 9:00, 10:00, 11:00 e 19:00 da tarde


  • Presentado por:
    • Javier Calaza.
    • Ubaldo Cerqueiro.
    • Iván Pereira.
    • Adrián Leira.
    • Marga Castro.
    • Aymara.
    PodCast: