12 marzo 2009

Boletín de novas (12-03-09)

NOTICIAS:

- Presentado o proxecto hostaleiro para Caneliñas

- O paro supera as cifra dos 7.200 nos 14 concellos da Costa da Morte

- Nieves Lema é cesada como concelleira en Vimianzo

- Obras en Ameixenda

- Case 100 persoas practican Ioga cos novos cursos de Cee

- Vimianzo abre un novo programa de voluntariado ambiental

- Novedosa campaña de condución eficiente en Ponteceso

- Aprende galego en Fisterra

CULTURA:

- Modesto Fraga presenta o seu novo libro de poemas Mar de Ausencias

- Rafael Lema, finalista do Premio Martín Sarmiento

- A Deputación sensibiliza ambientalmente aos escolares a golpe de exposición

DEPORTES:

- Rematou a Liga e comeza a Copa nos Veteráns

- Repaso da Liga de Colexios de Fútbol sala da Costa da Morte

Lembramos que hoxe volve ás ondas o programa O Ronsel, logo duns meses de parón invernal. O programa de actualidade dirixido por Óscar Rey Calo contará coa presencia do Presidente da Asociación de Veciños "Eduardo Pondal", José Manuel Ferreiro Chans e do Patrón Maior da Confraría de Pescadores, Manuel Cousillas. Será a partir das 22:00 da noite. e a partir das 12danoite, o Bloque de música A son de cine,coas mellores bandas sonoras que o propio José Luis Louzán firmaría.

11 marzo 2009

Boletín de novas (11-03-09)

NOTICIAS:


- O PSOE abre un expediente ao alcalde de Vimianzo

- Comezaron as obras no porto de Corcubión

- Lar forma profesionais en tempos de crise

- Abre o Banco de Tempo de Cee

- Abrese o prazo de inscripción para as prazas xuvenís dentro do programa Campaña Verán -2009

- O presidente da Deputación inaugura unha exposición en Corcubión

- Moito movemento en Salvaldelos

DEPORTES:

- Máis de 250 remeiros abriron a Liga de Bateis nas augas da ría de Corcubión

- Novas vitorias do Clube Voleibol Dumbria

- Continúan mellorando as embarcacións do Carrumeiro

Xa saben, hoxe na radiONeria e Radio Roncudo poden escoitar ás 22:30 o programa de Javi Turnes, Pensar e Soar, unha mestura de blues e filosofía. De seguido, ás 11, a poesía de Manolín en Realidade e Soños, e a partir das 12 da noite, poden disfrutar do Bloque de Músicas do Mundo.

Volve un gran programa a Radio Roncudo e RadiONeria

Despois dunha pequena parétense volve un dos mellores programas da radio Cormelana e da radio de Corcubión.

"O RONSEL" está dirixido por un gran amante da radio na costa, Oscar M. Rey Calo
Entrevistas, información e participación son os contidos deste espazo radiofónico.

Tes unha cita co RONSEL no 106.1 e no 107.8 do FM os Sábados de 12:00 a 14:00 en directo e a repetición os Xovés de 22:00 a 24:00 horas.

09 marzo 2009

Entrevista a Gema Freire na RadiONeria

Gema Freire: "Nesta vila mesturamos as churras coas merinas"

Dende a radiONeria e o QPC aproveitamos para artellar 3 entrevistas cos políticos do concello de Corcubión. A entrevista partía con dous enfoques, un máis comarcal preguntando polas intencións do partido correspondente no que atinxe á Costa da Morte, e outra máis local, que ao final é o que máis nos interesa.

Falamos de todo un pouco, repasando os detalles máis singulares da actualidade comarcal e corcubionesa, como o PXOM, o cine vello, Quenxe ou esa tensión que se respira na corporación municipal. Precisamente sobre este punto quixemos facer fincapé o equipo da radiONeria, tentando rebaixar eses rencores e enemistades históricas que aínda reinan na política corcubionesa, por máis que os propios políticos se esforcen en agochalo.

Repasaremos as nosas impresións de cada entrevista un por un, e comezamos con Gema Freire, voceira do Partido Popular de Corcubión e presente nas listas para a Deputación da Coruña. Unha Gema Freire moi segura de si mesma, convencidísma do seu "presidente Feijóo", e cos ánimos non moi axitados. Antes de comezar a entrevista, Gema chega acompañada da súa irmá Rocío, falando galego, e cambia ao castelán, a súa lingua materna, cando comeza a entrevista para estar máis segura. Na entrevista participaron Adrián Leira, Xabier Calaza e Ubaldo Cerqueiro.

  • Entrevista a Gema Freire.


  • Escoitar Entrevista Gema Freire.