04 marzo 2009

Boletín de novas (05-03-09)


NOTICIAS:

- Dous traballadores caen ao mar en Malpica

- Cambio no panorama das plantas acuícolas

- Buserana e Millo Verde no Dia da Muller de Cee

- Cambio no goberno e na xerencia do Hospital

DEPORTES:


- Volve o Huracán ás augas da Ría de Corcubión

- Os sábados seguen cobrando protagonismo no fútbol da Costa

Boletín de novas (04-03-09)



NOTICIAS:

- Amigos do Liño celebran o Ano das fibras naturais

- A Cooperativa do Longueirón de Fisterra perde as subvencións para o seu proxecto en Corcubión

- Muxía proxecta o documental "Redeiras" e fala de igualdade

- Música e novas tecnoloxías mesturadas en Ponteceso

- José Luis Fondo Aguiar daba por finalizado o obradoiro de estimulación cognitiva

DEPORTES:


- Comeza O Mar na Escola

- Gran partido dos cadetes do voleibol Dumbria

- Xornada axetreada no fútbol da Costa

- E non queremos marchar sen instarvos a poñer a radio esta noite de mércores. Ás 22:30, Javi Turnes co seu Pensar e soar, onde o blues mestúrase coa filosofía. Cara ás 23:00, Manolín e a súa Realidade e soños, un programa de poesía con moito corazón. Ás 23:30 chega Inversión Infinita, un programa dos que merece a pena quedarse ata o último segundo. A partir das 12danoite, soará nas ondas da radiONeria o Bloque musical de Músicas do mundo.

03 marzo 2009

Nace un novo programa en RadiONeria -- HARD MUSIC --


Unha das novidades que presentamos neste mes de Marzo é un novo programa na noite dos sábados.

Para comezar a marcha do sábado chega HARD MUSIC. Un programa no que podes escoitar cada semana unha sesión de música que comprende dende o progresive pasando polas cantadas, hard trance, hardstyle, makina, chassis ata o dance da época 00.

Este programa está dirixido por Iván Pereira e conta coa axuda na parte técnica de Dj Yako (Jacobo Garcia).

Xa sabes, para comezar a marcha dos sábados escoita en RadiONeria (107.8) e Radio Roncudo (106.1) desde as 10 da noite e ata as 11 e media o programa HARD MUSIC.

Boletín de novas (03-03-09)


NOTICIAS:

- Xa hai grupo de pandereteiras en Corcubión

- O Concello de Cee organiza un Certame poético, precisamente co gallo do Día da Muller

- Nova edición do Programa Naturalmente Cabana con Tren Turísitico, DVD e cestería

DEPORTES:


- Cataventos achega o mar e a vela ás escolas da bisbarra

- Machada do Balonmán Camariñas

- Dúas medallas e o terceiro posto por equipos para o Clube Piragüismo Dumbría

- O campionato de Judo enchíu o pavillón de Corme