22 decembro 2025

 


A Radio Na Escola chega ás ondas de Radio Neria

O traballo realizado durante este primeiro trimestre entre a Asociación Cultural Radio Neria e os centros de primaria da comarca de Fisterra, chega ás ondas de Radio Neria nun programa especial que se poderá escoitar en valor este mércores 24 ás 11:00. Neste programa escoitaremos os traballos feitos polos distintos centros de ensino.
Este programa puxo en marcha nos ciclos de primaria dos colesxis da comarca de Fisterra unha traballo para poñer en valor o patrimonio artístico en cada unha das súas vilas. Desde o inicio do curso, a Asociación Cultural Radio Nria etivo a traballar cos distintos centros para encamiñar un proxecto de investigación por parte do alumnado dunha figura local, co obxectivo de dar a coñecer a súa vida, traxectoria e obra. 
O programa A Radio na Escola é unha iniciativa da Asociación Cultural Radio Neria e conta coa financiación da Deputación da Coruña a través do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2025.

01 decembro 2025


 

A Asociación Cultural Radio Neria e a Deputación da Coruña no CEIP Mar de Fóra de Fisterra

Dentro do programa A RADIO NA ESCOLA, a Asociación Cultural Radio Neria xunto coa Deputación da Coruña, visitou desta vez, o CEIP Mar de Fóra. Xa é a segunda xornada de traballo co profesorado e alumnado de 6º de Primaria para levar a cabo un podcast que se vai gravar no centro educativo no mes de decembro. A figura literaria que centra o seu traballo é a actriz, directora, e escritora fisterrá Marta Lado.
Este podcast vai encadrado dentro do programa de subvencións da Deputación da Coruña a entidades culturais sen ánimo de lucro para levar a cabo a actividade no ano 2025. Unha axuda coa que a Asociación Cultural Radio Neria vai levar a cabo este programa nos centros educativos de primaria de Corcubión, Cee, Fisterra, Dumbría e Muxía.