24 outubro 2025


 A Asociación Cultural Radio Neria leva "A Radio na Escola" ao CEIP Vila de Cee

Desta vez tocoulle ao CEIP Vila de Cee. A Asociación Cultural Radio Neria, co patricinio da Deputación da Coruña fixo a súa primeira xornada de formación para os alumnos de 5º curso do CEIP Vila de Cee.
O proxecto que se está a levar a cabo é a formación do alumnado para que produzan un pódcast centrado nunha figura relevante no eido literario da Vila de Cee. O proxecto vaise realizar durante todo este trimestre culminando nun pódcast feito integramente polo alumnado do centro.
Este programa lévao a cabo a Asociación Cultural Radio Neria e conta coa financiación da Deputación da Coruña dentro do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2025

16 outubro 2025


 "A Radio na Escola" chega ao CEIP Mar de Fóra de Fisterra.

Esta semana, a Asociación Cultural Radio Neria estivo no CEIP Mar de Fóra de Fisterra, formando aos rapaces e rapazas de 6º de primaria para levar a cabo un pódcast sobre un autor o autora da vila. Este programa conta coa colaboración da Deputación da Coruña e tamén estará presente en centros de infantil de primaria dos Concellos de Corcubión, Cee, Dumbría e Muxía.

09 outubro 2025


 A Asociación Cultural Radio Neria leva "A RADIO NA ESCOLA" ao CEIP Praia de Quenxe

Dando continuidade ao programa A RADIO NA ESCOLA, a Asociación Cultural Radio Neria visitou o CEIP Praia de Quenxe de Corcubión. Nesta xornada, os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria asistiron a unha xornada de formación para levar a cabo un pódcast que gravarán no mes de decembro. 
Este programa trata de introducir a radio nos centros de ensino de primaria na comarca de Fisterra, poñéndoa en valor como ferramenta educativa. A RADIO NA ESCOLA é un programa organizado pola Asociación Cultural Radio Neria e conta coa financiación da Deputación da Coruña.