2/7/10

O Dumbría - Cee, comeza na radiONeria ás 08:00h da mañá

Final da Copa da Costa. Sete días despois do 1-1 en Cee, este domingo saberemos quen é o seguinte campión do torneo máis preciado do fútbol costeiro. Ou Dumbría ou Cee. Nós vivirémolo en directo o vindeiro domingo, xa dende ben cedo, dende as 08:00h da mañá. Benvidos e benvidas a un novo maratón desta casa co gallo da Final da Copa da Costa.

Seguimento do partido cada sesenta minutos durante toda a xornada

Do mesmo xeito que a pasada semana, a radiONeria porá en marcha unha serie de adiantos informativos cada sesenta minutos para dar conta de todo o que vaia xurdindo ao longo das últimas horas sobre o partido máis esperado do ano. Comezaremos ás 08:00h da mañá, con información puntual cada hora ata as 17:00h.

Recordamos o partido de ida

De 08:00h a 11:00h haberá tempo para lembrar o que foi o partido de ida. Emitiremos íntegramente a retransmisión do partido do pasado domingo da man de todo o equipo da radiONeria.


Dende as 17:30h en O Conco

Unha hora antes de que comece o encontro, a radiONeria comezará a previa xa dende o municipal dumbriés, coa narración do equipo de deportes da radiONeria, os comentarios de Nito e Calabanda, e a animación de Adrián Leira.

Previsiblemente, realizaremos algún sorteo de agasallos entre os nosos oíntes.

Pola noite o post-partido

Con resumos, análises, protagonistas, e se o desexas, con tempo para a túa participación, xa sexa en forma de queixa ou de felicitación

O equipo da radiONeria para a Final da Copa
  • Fran Lago (produción, adiantos, previa e post-partido)
  • Iván Pereira (control técnico, narración e post-partido)
  • Adrián Leira (animación e narración)
  • Xabi González (narración)
  • Nito (comentarios)
  • Calabanda (comentarios)
  • e coa colaboración especial de Ubaldo Cerqueiro.
Atentos ao blog tamén, onde poderedes seguir a nosa programación dende calqueira parte do mundo.

Máis información:

No hay comentarios: