03 marzo 2009

Nace un novo programa en RadiONeria -- HARD MUSIC --


Unha das novidades que presentamos neste mes de Marzo é un novo programa na noite dos sábados.

Para comezar a marcha do sábado chega HARD MUSIC. Un programa no que podes escoitar cada semana unha sesión de música que comprende dende o progresive pasando polas cantadas, hard trance, hardstyle, makina, chassis ata o dance da época 00.

Este programa está dirixido por Iván Pereira e conta coa axuda na parte técnica de Dj Yako (Jacobo Garcia).

Xa sabes, para comezar a marcha dos sábados escoita en RadiONeria (107.8) e Radio Roncudo (106.1) desde as 10 da noite e ata as 11 e media o programa HARD MUSIC.

No hay comentarios: