9/3/09

Entrevista a Gema Freire na RadiONeria

Gema Freire: "Nesta vila mesturamos as churras coas merinas"

Dende a radiONeria e o QPC aproveitamos para artellar 3 entrevistas cos políticos do concello de Corcubión. A entrevista partía con dous enfoques, un máis comarcal preguntando polas intencións do partido correspondente no que atinxe á Costa da Morte, e outra máis local, que ao final é o que máis nos interesa.

Falamos de todo un pouco, repasando os detalles máis singulares da actualidade comarcal e corcubionesa, como o PXOM, o cine vello, Quenxe ou esa tensión que se respira na corporación municipal. Precisamente sobre este punto quixemos facer fincapé o equipo da radiONeria, tentando rebaixar eses rencores e enemistades históricas que aínda reinan na política corcubionesa, por máis que os propios políticos se esforcen en agochalo.

Repasaremos as nosas impresións de cada entrevista un por un, e comezamos con Gema Freire, voceira do Partido Popular de Corcubión e presente nas listas para a Deputación da Coruña. Unha Gema Freire moi segura de si mesma, convencidísma do seu "presidente Feijóo", e cos ánimos non moi axitados. Antes de comezar a entrevista, Gema chega acompañada da súa irmá Rocío, falando galego, e cambia ao castelán, a súa lingua materna, cando comeza a entrevista para estar máis segura. Na entrevista participaron Adrián Leira, Xabier Calaza e Ubaldo Cerqueiro.

  • Entrevista a Gema Freire.


  • Escoitar Entrevista Gema Freire.
  • No hay comentarios: