27/11/19

O Cole de Dumbría disfrutou dun completo Taller na radiONeria


O alumnado do CEIP Santa Eulalia de Dumbría disfrutou dun completo Taller de Radio que artellou o coordinador do centro Luís Dopico e os colaboradores da emisora, coa colaboración do Centro de Formación e Recursos da Coruña.



Primeiramente Ubaldo Cerqueiro e Óscar Rey Calo visitaran o centro educativo dumbriés, para realizar a primeira parte do taller. Unha sesión teórica cos conceptos necesarios para comprender como funciona unha radio (tanto o aparato como o medio de comunicación) serviu como preluido para facer unha acción doble co alumnado de infantil e os primeiros cursos de Primaria.

O taller completouse coa visita á emisora, situada no corazón de Corcubión. Nerviosos chegaban á “pecera” cos seus guións preparados, e nerviosos, pero firmes e convencidos leron e gravaron un debate, unha entrevista e un manifesto (con música) sobre os Dereitos da Infancia. Mentres uns gravaban outros completaban a formación na parte técnica, para facer a sesión unha verdadeira experiencia radiofónica, que deixou estas xoias:

Os programas gravados na radiONeria

 

Un campo de probas

Quen sabe cantos dos que pasaron pola emisora acabaranse adicando á comunicación, pero o seguro é que, dende onte, a porta dese camiño quedou aberta.

O grupo de colaboradores estará encantado de acoller a calquera grupo que así o desexe, e poden poñerse en contacto as escolas da bisbarra no 637704893.


No hay comentarios: