3/4/19

Radio Roncudo e radiONeria levan as ondas ao CEIP Mar de Fóra



Semanas de radio escolar. A pasada semana as radios irmandadas da Costa da Morte trasladábanse ao CEIP Mar de Fóra. Ubaldo Cerqueiro, colaborador da radiONeria e Radio Roncudo levaba a emisora ao centro fisterrán para facer un taller co alumnado de 3º e 4º de Primaria.




Con este taller que as radios irmandadas están abertas a levar polas escolas da bisbarra a través do CFR, a rapazada tivo oportunidade de coñecer como chega a radio ata as súas casas e tamén como poden facer maxia, mandando as sáus voces ata Australia a través dos podcast.

oa axuda dos mestres Mateo e Carlos, o alumnado coñeceu de primeira man as dúas partes fundamentais dunha radio: a parte da redacción ou preparación de contidos; e parte técnica ou gravación, utilizando o programa libre Audacity, e descubrindo o poder das ondas.

O alumnado distribuise diferentes temáticas, dende o 8 de marzo, pasando polo Entroido, e os formatos radiofónicos, facendo un debate, unha entrevista, unha reportaxe e un par de cuñas de promoción turística. Tamén presentaron en sociedade o seu propio proxecto xornalístico: A Voz do Faro, do cal o vindeiro número está a piques de saír á rúa.

Estes son os resultados:
       

No hay comentarios: