11/6/13

Radio Neria de novo ON AIR!


Case 6 meses sen emisión pero a radiONeria nunca morre. Os voluntarios da emisora municipal de Corcubión volveron solventar os problemas técnicos que deixaron apagadas as ondas da 107.8FM durante todo este tempo para volver con máis forza que nunca.
Ademais, a emisora estreará novos equipos tras unha subveción solicitada polo Concello. E dende xa, podedes escoitar a radio dende o 107.8FM en Corcubión, Cee e Carnota, ademais de a través da rede no www.radioneria.blogspot.com.

Así, o pasado sábado volvían os programas co Fórmula Neria de Iván Pereira.
Antes, o xoves, dende a radio irmandada cormelá Radio Roncudo, xa volvían as conexións en directo co "Ronsel" de Óscar Rey Calo, que ás 16:00h fai un repaso á actualidade costeira.

Agora xa podedes disfrutar dos bloques musicais que máis vos gustan na comarca de Fisterra e Carnota. A partir das 10:00h, éxitos dos 60 e 70 en "Mañás de Guateque". A eso das 12:00h, o boletín informativo de ADEGA "Cerna Diario" e para dar comezo ao bloque de pachangueo "Sesión Vermú".
Polas tardes ofrecémosche música máis actual, pensada para todas as idades. Dende as 16h, volvemos os 80-90 cos "Jrandes Exitos". A partir das 18h, escoita a música máis actual en "Fórmula Pop". Xa para rematar a tarde e dende as 20h, chega "A Hora Indie".

Desfrútao a través do 107.8 da Fm na parte sur da Costa da Morte (Corcubión, Cee e Carnota), tamén en www.radioneria.blogspot.com ou na aplicación de móbil TuneIn, búscanos como Radio Neria.

No hay comentarios: