16/10/12

Volve Radio Roncudo


radiONeria e Radio Roncudo, as radios comunitarias da Costa da Morte


Boas novas para as emisoras de radio da Costa da Morte. Radio Roncudo despois de varios meses, volve emitir no 106.1 da FM. Sen dúbida unh gran nova para Corme e para toda a comarca de Bergantiños. E tamén para a comarca de Fisterra, pois a emisora libre comparte emisión coa radio municipal de Corcubión, a radiONeria.

Ambas emisoras, que ademais tamén se poden escoitar pola rede (a a cormelá a través de corme.net e a corcubionesa a través do seu blog teñen as portas abertas á participación e vos poñedes poñer en contacto con elas se tendes gañas de colaborar (non fai falta experiencia de ningún tipo, só moitas gañas) en radioroncudo@corme.net ou radioneria@gmail.com.

Volve Radio Roncudo e os seus programas

Xa están en marcha a nova programación da radio comunitaria e social. E con ela volven os seus programas como “O Ronsel” (os xoves de 16:00h a 18:00h e repetido os sábados ás 22:00h e no que colaboramos dende QPC); “A Escrita”, con Paco Souto (os martes ás 23:00h e os sábados ás 14:00h), “La hora del Comején” (os sábados ás 0:00h); ou “Intente dedicar su disco” (os martes ás 23:00h e os domingos de 22:00 a 24:00h)

No hay comentarios: