11/4/09

A radiONeria reorganízase por dentro



Venres Santo e a radiONeria lava a cara. O pasado día 10 de abril foi aproveitado polo séquito de colaboradores da radio municipal de Corcubión para facer unha xornada de limpeza e reorganización. O número 8 da Avda. da Viña foi un trasiego continuo de caixas que ían e viñan, preparando o local para os novos proxectos, que iremos desvelando no vindeiro mes.

Aí estiveron os Jaki, Alan, Iván Pereira, Adrián Leira, Javi Turnes, Javier Calaza, Pablo Damonte, Isaac e Ubaldo, botando áss arañas de onde o que xa era o seu feudo.

Unha morea de documentos foron revisados, de xeito que moitos dos que foron colaboradores no seu día poden pasar a recoller se queren os seus traballos. Hai documentos históricos como o que certifica a data da primeira emisión da radio. Foi nas festas da Virxe do Carme do 1986, un 16 de xullo, cando a emisora logo de 6 anos de trámites burocráticos, puido saír ás ondas.

Ademais pezas xa de coleccionista como o minidisc, os vinilos ou os casetes, que antano foran primordiais para que a radio se emitise, fican agora na sala-museo do local.

Nova proba do bo facer que están a realizar os colaboradores da radio, que cada día son máis, con mais gañas e ilusións, e sobre todo, seriedade. Non é este un proxecto que vaia quedar na ilusión, senón que as cousas estanse a facer correctamente. O Concello continúa colaborando na medida do que pode, e se ben non prantexa moitas posibilidades nin ideas, si responde ás demandas, cando menos económicas, dos colaboradores.


No hay comentarios: