10 maio 2024


Hoxe, en Radio Neria, CARNE CRUDA desde as acampadas contra o xenocidio.

A programación de hoxe segue a virar sobre a masacre que se está a cometer en Palestina. O programa CARNE CRUDA fai un directo desde as acampadas estudiantís contra o xenocidio en Palestina. E tamén temos unha nova edición de BOOMERS A CONCIENCIA, hoxe con "Mostrar, non contar"

Esperámosvos a partir das 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM e na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/

09 maio 2024


O EMPRESARIO CORCUBIONÉS, RAFA FUENTES, HOXE EN CHEGAR A BO PORTO.

Xoves 9 de maio. Comezamos a programación de hoxe con CHEGAR A BO PORTO, no que Luis Corral conversa con Rafael Fuentes, empresario da restauración en Corcubión. Despois, un momento para a poesía con Manuel Oliveira Gómez, "Manolín" en REALIDADE E SOÑOS. E para rematar, MUNDOFONÍAS. Hoxe con: "Bailes orientales y experimentos hexagonales"
Comezamos ás 11:00 e retomamos ás 21:00 no 107.8 da FM e na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/
Lembrade que tamén podedes seguirnos en Ivoox e Spotify.

07 maio 2024


 Martes 7 de maio. Hoxe arrancamos cunha nova edición de DISQUE, na que Maruxiña dos Queixos volverá para darlle un bo repaso á actualidade informativa. Despois, O RECUNCHO DO ESTUDANTE coas nosas rapazas de Fisterra: Aloia, Irene, Carla e Valeria. E para rematar, MUNDOFONÍAS, hoxe con: Transglobal World Music Chart: Mayo 2024.
Esperámosvos a partir das 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM e na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria. E lembrade que se non podedes escoitarnos en directo, tamén temos tódolos nosos contidos subidos a Ivoox e Spotify
.

06 maio 2024



Luns 6 de maio. Comezamos unha nova semana en Radio Neria. Hoxe temos unha nova edición de QUE LES, CORCUBIÓN?. No programa de hoxe, volvemos con Abraham Trillo e a súa sección: ABRAHAM TIRA AO MONTE. Despois, CARNE CRUDA, hoxe con: "Genocidios olvidados: Sudán y el recuerdo de Ruanda"
Empezamos hoxe ás 11:30 e retomamos ás 21:30 no 107.8 da FM e na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/

04 maio 2024


CHÍOS AO MENCER, este domingo, ás 7:30 da mañá, en Radio Neria. 

Co artista sonoro Xoan-Xil López, volveremos disfrutar da experiencia vivida o pasado 14 de abril no Monte Cambeiro, no que se celebrou unha escoita de paxaros colectiva. Esta acción dá comezo o domingo 5 de maio, coincidindo coa celebración mundial do coro do amencer.

Esperámosvos ás 7:30 da mañá no 107.8 da FM, e na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/