12 setembro 2011

Paco do Muxico volve con Foliada: Festival de Laxe e a poeta Mariví Cousillas



Tralo parón do verán, Paco do Muxico volve co programa de música tradicional da Costa da Morte, Foliada. I é que Paco estivo todo o verán entregado á pandeireta da súa Banda de Gaitas Maruxía de Laxe, coa que percorreu toda Galicia de festa en festa.


Hoxe, tráenos ademais á poeta da Campara (Ponteceso), Mariví Cousillas, que por primeira vez leva os seus ás ondas.





Máis información


20 agosto 2011

A radiONeria retransmitirá a final do Trofeo Neria



Por primeira vez na historia, a emisora municipal de Corcubión vai retransmitir a final do Trofeo Neria. O título, organizado pola asociación que leva o mesmo nome, está a convertirse pouco a pouco nunha das citas obrigadas e máis importantes do verán futbolístico na Costa da Morte

Equipo

O partido dará comezo este domingo, 21 de agosto de 2011, ás 18:00h no campo de O Conco, en Dumbría. A radiONeria comezará unha programación especial dende as 17:30h, coa presentación, narración e animación de Adrián Leira, Fran Lago e Iván Pereira, e os comentarios de Nito e Calabanda.

A emisión da radiONeria desenvólvese a través do 107.8 da FM e deste blog. Ademáis, poderase escoitar na zona de cobertura da nosa emisora amiga, Radio Roncudo, no norte da Costa da Morte. Esperámosvos!

02 xuño 2011

A radiONeria será a protagonista dunha documental



Os colaboradores da radiONeria José Lemur, O Fantasma accidental, e Pablo J. Damonte comezan a creación dunha documental sobre a emisora municipal de Corcubión. Ao redor, o equipo de colaboradores aportando contidos ó documental e á emisora, e un séquito de antigos participantes que fixeron da radiONeria unha referencia informativa na Costa da Morte durante moitos anos.
Falamos dunha radio con máis de 20 anos de historia, pero nin as denuncias poden botar abaixo. A súa vertente social é tan grande que fai que as ondas nunca deixen de soar.
O proxecto vai para longo, pois o material que están colleitando é infinito. Ademais é un proxecto que está aberto a toda a veciñanza da zona que teña colaborado o non coa emisora, e teña gañas de aportar.

Canteira inagotable de talento



De feito, a incidencia social da radio municipal de Corcubión está continuamente demostrada. A vertebración social que xerou en diferentes xeracións de Corcubión e da comarca de Fisterra vese nas diferentes capacidades que potenciaron os seus usuarios.
Para facer a montaxe contactamos con auténticos profesionais de diferentes sectores que se formaron nos estudios de Corcubión. Referentes galegos no mundo radifónico deportivo, actores de teatro de primeiro orde galego, políticos, mestres... A radiONeria  foi, e é, toda unha canteira inagotable de talento.
Así como referentes da Canteira radiofónica podemos faar de persoeiros tan significativos a día de hoxe como Marco Antonio Sande (voz dos deportes da COPE Coruña), Fran Hermida (voz da Coruña Deportiva da Cadena Ser e voz da Radio Nordés durante moitos anos); José Luís Louzán (voz actual da Nordés) ou o propio Pepe Formoso (actual director da Radio Nordés-Cadena Ser).
Pero tamén podemos traer exemplos da canteira teatreira como os actores de Talía Teatro Toño Casais e Dani Trillo.
Ademais temos exemplos tan significativos da canteira poética non só en Manolín, senón tamén no seu neto Abraham, que comparte con Saulo, Marta e Iago Cespón o espazo xuvenil "Un máis un".
Como representante da canteira política podemos destacar a Oscar Insua, actual voceiro do BNG de Corcubión, que a piques estivo de converterse no 2008 como o alcalde máis novo de toda Galicia. A intención será tamén a de falar co actual alcalde do Concello corcubionés, que seguramente seguirá sendo o socialista Francisco Lema, Chisco.
E non quedamos aí, temos varios mestres formados nas ondas da emisora municipal de Corcubión, como Isabel Tomé, que nas ondas faise chamar Maruxiña dos Queixos.
Con todos eles intentaremos falar na documental, ademais de con todos os colaboradores actuais da radio, para deixar claro o potencial educativo, social e cultural que ten a emisora municipal de Corcubión.

Máis información e contacto

Poden aportar as súas impresións sobre a documental en radioneria@gmail.com.

18 maio 2011

Os mitins de Corcubión na radiONeria



A emisora municipal de Corcubión trae os mitins dos 4 partidos que se presentan á alcaldía na vila de San Marcos. Estes xoves 19 e venres 20 de maio, emitiremos os mitins en horario de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h.

A distribución será a seguinte:

  • Xoves (11:00h a 14:00h): Mitin do PACOR e Mitin do BNG.
  • Xoves (17:00h a 20:00h): Mitin do PP e do PSOE de Corcubión.
  • Venres (11:00h a 14:00h): Mitin do PP e do PSOE de Corcubión.
  • Venres (17:00h a 20:00h): Mitin do PACOR e Mitin do BNG.

Xa na rede



E aqui vos deixamos cos mitins:


Xa sabedes, escoitade ben e pensade o voto para este domingo 22 de maio.

12 maio 2011

Especial Bob Marley en SFNS



Este venres, en Super Freak Night Show, Especial Bob Marley polo 30ª aniversario da súa morte.
A cita será este venres 13 de maio de 2011 nas ondas da radioneria e a través do noso blog a partir das 22:00h.

Máis información