29 mayo 2010

Fórmula Neria estivo no I Factory Electronic Festival 24h de Vimianzo

A radiONeria estivo na tarde do pasado sábado, 29 de maio, no I Factory Electronic Festival 24h non stop que se celebra nesta última fin de semana de maio no polígono industrial de Vimianzo. O programa desta casa Fórmula Neria, que dirixe Iván Pereira, desprazouse ata a vila soneirana para pulsar en directo o ambiente no evento. Alí estivo Fran Lago, quen achegou a toda audiencia o que estaban a dar de si os primeiros intres do Festival.

Puidemos escoitar en directo as impresións de Manu López, un dos dj's que se dan cita na sesión. López presentounos polo miúdo a festa e comentounos que tentan ofrecer "unha alternativa para a xente nova máis alá das comisións de festas". López animou aos oíntes de radiONeria a acudir ao evento, no que agardan "unha boa afluencia de xente".

Deste xeito, dende Fórmula Neria queremos amosar o noso apoio á actualidade musical e aos eventos máis salientables que se desenvolven na nosa bisbarra, e que sintonizan coa liña do programa.
  • Fórmula Neria
    • Os sábados: de 17:00h a 19:00h
    • Os xoves: de 20:00h a 22:00h

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Boas!! A min entrevistaronme ali e como evidentemente estaba d festa, non tuven a orportunidade de escoitarme. Queria saber se se pode oir nalgun páxina ou é q o final non o emitiron? Gracias!

radiONeria dijo...

Ola. Pois si que emitimos as entrevistas que fixemos en Vimianzo. O programa subirémolo ao blog estes dias.
O programa repetirase o xoves de 20:00h a 22:00h en radiONeria (sur da costa da morte no 107.8) e radio roncudo (norte da costa da morte no 106.1). As entrevistas sairán máis tarde das 21:30h máis ou menos...

De todas formas, se queres, agréganos no tuenti (radiONeria corcubion fm) e xa che poñemos o link e todo.

Graciñas pola colaboración!